venres, 17 xuñ 2005
O Campus, no que se poderá practicar ademais de baloncesto deportes como a natación, rugby, tenis de mesa, atletismo ou squash, vai dirixido a rapaces de 6 a 17 anos e terá lugar no Campus Universitario de Vigo entre o 10 e o 17 de xullo.
luns, 6 xuñ 2005
A concelleira Lucía Molares presentou a programación de verán de Xuventude, que este ano, e coincidindo coa saída da Volvo Ocean Race dende a nosa cidade, terán un marcado carácter marítimo.
xoves, 26 mai 2005
Esta fin de semana rematan as actividades das Noites Vivas, programa de ocio nocturno organizado pola Concellería de Xuventude. Máis de 5.000 xoves participaron nesta edición chea de novidades e que rematará cun concerto do festival Rockoia nas Travesas.<br />
mércores, 11 mai 2005
A nova exposición da Casa da Xuventude, 4RT3+ X0G0 = M4T3, conta cunha parte expositiva feita con poliedros e outra interactiva para que participen os rapaces e demáis público.
venres, 6 mai 2005
Como tódolos anos o Espacio Xovén do Castro dentro do programa Súbete ó Castro comenza a súa andaina de Castroconcertos dende maio ata setembro. Os concertos terán lugar no escenario a carón do circuito de bicicletas tódolos sábados a partires das 23:00. Este sábado actuarán os grupos Runa (rock) e Natty Roots (reggae).
xoves, 21 abr 2005
O venres e sábado continúan as actividades organizadas pola concellería de Xuventude das "tardes e noites vivas". Actividades que van desde ás 17 horas ata ás 24 horas e son totalmente gratuítas.
xoves, 14 abr 2005
Un gran abano de posibilidades de ocio, nas tardes e noites das fins de semana, é o que oferta o programa Tardes e Noites Vivas da Concellería de Xuventude.
martes, 12 abr 2005
Juan Carlos Enseñat amosa na Casa da Xuventude unha exposición dos seus traballos de debuxo e cómic que se poderá visitar ata o 22 de abril.
mércores, 6 abr 2005
Dende o circo pasando polos libros, aos rapaces e rapazas de Vigo lles<br />
agarda unha divertida primavera.<br />
luns, 4 abr 2005
A reunión da Xunta de Goberno Local reportou, na área de Xuventude, a decisión de contratar a asistencia técnica para a información xuvenil do Concello, para o Infobus, e para o servizo das ludotecas da Casa da Xuventude e de Coia.