Fin de festas das Noites Vivas
Esta fin de semana rematan as actividades das Noites Vivas, programa de ocio nocturno organizado pola Concellería de Xuventude. Máis de 5.000 xoves participaron nesta edición chea de novidades e que rematará cun concerto do festival Rockoia nas Travesas.<br />
O venres 27 de maio
- No ximnasio do I.E.S. O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1), rematarán co curso de percusión á vez que se realiza un obradoiro de danzas do mundo. Tempo tamén para tatuaxes de Henna e espacio para xogos de mesa ou pachanga nocturna.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) haberá baile moderno, concretamente Funky, e unha novidade: obradoiro de decoración con globos. De maneira libre todos poden practicar musculación e squash, e se organizan os partidos Vigo en xogo de baloncesto entre Jedys Cafetería contra Parquets Eloy e o Vicus C.D. contra o C.B. Cacique.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) se organizan partidas, nesta ocasión de estratexia, para toda aquela persoa interesada, saiba ou non xogar.
- O Espazo Xove do Castro (a carón da pista de bicis do Castro) oferta obradoiro de mimo e monólogos, liga de xogos en rede, cursiño de páxinas web e espazo para break dance, ademais dun espazo aberto para estar en grupo.
- A Asociación Xuvenil Abertal (rúa Venezuela 3, baixo) ten preparada unha grande actividade chamada Misión Imposible, que se desenvolverá por toda a cidade. Para quen queira ficar, pode acceder a internet ou aproveitar unha sala multiusos para quedar cos amigos e amigas, reunirse, xogar, etc.
Sábado 28 de maio
- No ximnasio do I.E.S. O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) aínda se pode un mesmo debuxar un tatuaxe de Henna, ou facer xogos de mesa e incluso practicar Tai Chi. As partidas de petanca e pachanga nocturna darán remate nesta sede ata novas edicións.
- Dentro do Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) hai espacio para bailar Hip Hop americano e para o obradoiro de candeas, ademáis da musculación e o squash. Os partidos de Baloncesto Vigo en Xogo enfrontan a Rosalía Star e Treboada e aos Game Over contra La Naranja Mecánica.
- O Espazo Xove do Castro (a carón da pista de bicis do Castro) desenvolve actividades de movemento coma a danza oriental ou a práctica e perfeccionamento dos malabares sen interromper a liga de xogos en rede, o deseño de páxinas web, decoración de PC e outras ofertas cibernéticas.
- A Plaza do Emigrante nas Travesas oferta a actividade que sirve como colofón a estas noites vividas polos xoves de Vigo e nada mellor que unha celebración para rematar: o concerto do festival Rockoia terá lugar esa noite a partires das 20 horas, libre e gratuito para todas e todos. Entre outros actúan Spina Fecunda, BPM e La Caja Negra. Unha boa despedida ata a vindeira edición.
As actividades desenvólvense entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude, no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org