Escoitar

Xunta de Goberno Local extraordinaria

A Xunta de Goberno Local reunese o venres, día 27, ás 14:30 horas en sesión extraordinaria para tratar dous asuntos relativos co auditorio pazo de Congresos da cidade.

xoves, 26 mai 2005
ORDE DO DÍA:

1.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Consellería de Poliítica Territorial Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a financiación da compra á Autoridade Portuaria de Vigo das parcelas nas que se ubicará o Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo. Expte. 15774/220.

2.- Contrato administrativo especial para a cesión gratuita e o alleamento das parcelas 57 e 59 da Avda. Beiramar, da Autoridade Portuaria de Vigo a favor do Concello. Expte. 15775/220.