venres, 27 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás, desprazáronse ata o novo edificio do CEP "Doutor Fleming" para coñeceren de preto estas instalacións, que albergan 24 unidades de Educación Primaria.
venres, 27 mai 2005
A escola obradoiro Mar de Vigo II desenvolveu un programa de formación e emprego promovido polo Concello de Vigo e financiado pola Xunta e o Fondo Social Europeo. Neste obradoiro procedeuse a construcción de dúas embarcacións tradicionais, unha traineira e un bote polbeiro das que apenas se contan outras iguais en toda a xeografía galega.
venres, 27 mai 2005
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continúa traendo á nosa cidade a desctacados intérpretes deste instrumento musical. Así, o sábado 28 de maio, a partir das 21:00, Pierluigi Camicia tocará pezas de Chopin no Auditorio do Concello. O domingo 29 será o turno de Enrique Bátiz e o luns 30, de Giovanni Humberto Battel.
José María Jimeno abordará a importancia do ecosistema mariño como fonte da investigación biomédica
venres, 27 mai 2005
O salón de actos da Casa Galega da Cultura acollerá o vindeiro luns, 30 de maio, a cuarta conferencia do ciclo "Polos mares de Galicia", na que o vicepresidente científico e responsable do departamento de desenvolvemento científico de PharmaMar, José María Jimeno, abordará a importancia de coñecer e analizar o ecosistema mariño como fonte importante na investigación biomédica.
venres, 27 mai 2005
A situación deportiva que atravesa o Real Club Celta é motivo de especial atención para o ascenso do equipo de Vigo a Primeira División.
venres, 27 mai 2005
A Corporación Municipal celebrara sesión plenaria de carácter ordinario o luns, día 30, ás 8.30 horas, co seguinte orde do día: