Urbanismo propón ceder terreos para o cuarto hospital
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle ao Pleno da Corporación a cesión á Consellería de Sanidade dos terreos precisos para a construcción do cuarto hospital de Vigo, previsto no novo PXOM.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, nunha sesión celebrada hoxe xoves, decidiu propoñerlle ao Pleno da Corporación un acordo relativo á cesión de terreos para a construcción do cuarto hospital de Vigo, previsto no proxecto do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O acordo propón que a Corporación Municipal manifeste a súa disposición a cederlle de maneira gratuíta á Consellería de Sanidade os terreos precisos para a construcción deste cuarto hospital destinado a Vigo e á súa área metropolitana. O hospital situaríase en Valadares, previa aprobación e entrada en vigor do novo PXOM ou do planeamento pormenorizado esixible, e posterior tramitación dos procedementos administrativos necesarios para tal fin.
O Consello tamén lle pide á Corporación Municipal que impulse de xeito máis áxil posible os instrumentos de xestión urbanística necesarios para a rápida obtención dos terreos afectos á implantación do referido hospital.
Por outra banda, dentro dos asuntos nos que o Consello ten competencia resolutiva, rechazouse unha proposta do PSdeG-PSOE para requerir á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a inmediata incoación dos expedientes de declaración do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas como conxuntos histórico-artísticos.
O PSdeG-PSOE remitíase ás solicitudes aprobadas polo Pleno do Concello en sesións de 31 de maio e 28 de xuño de 2004 e nas documentacións adxuntas, pero a súa proposta só contou co seu propio voto favorable. PP e PG pronunciáronse en contra e BNG abstívose.
Ademais, o Consello declarou como realizadas sen licenza e incompatibles coa ordenación urbanística vixente, decretando por tanto a súa derruba, as obras emprendidas por Manuel Davila Iglesias no Camiñoanguía, 10-Beade.
Descargar todas as imaxes