xoves, 26 mai 2005
A Xunta de Goberno Local reunese o venres, día 27, ás 14:30 horas en sesión extraordinaria para tratar dous asuntos relativos co auditorio pazo de Congresos da cidade.
xoves, 26 mai 2005
Mañá venres ás 21 horas no Auditorio Municipal do Concello será o quenda deste pianista, profesor do Conservatorio de Bari e director de varios concursos internacionais. Francesco Monopoli tocará obras de Scriabin, Prokofieff e Rachmaninoff nun homenaxe á música rusa.
xoves, 26 mai 2005
O Pavillón das Travesas acollerá o próximo 4 de xuño o Campionato Galego de Escalada de Base 2005. Con esta proba, a Concellería de Deportes, entre outras entidades, quere achegar este deporte a rapaces e rapazas menores de idade.
xoves, 26 mai 2005
Esta fin de semana rematan as actividades das Noites Vivas, programa de ocio nocturno organizado pola Concellería de Xuventude. Máis de 5.000 xoves participaron nesta edición chea de novidades e que rematará cun concerto do festival Rockoia nas Travesas.<br />
xoves, 26 mai 2005
O filme "Pataghorobí", baseado nun relato de Xosé Cid Cabido, é a primeira das catro películas para televisión baseadas en relatos literarios contemporáneos que se rodarán en Galicia. Esta película, ambientada no Vigo de finais dos oitenta gravarase integramente na cidade en 36 localizacións diferentes.