O profesor Francesco Monopoli, seguinte actuación do Festival Internacional de piano
Mañá venres ás 21 horas no Auditorio Municipal do Concello será o quenda deste pianista, profesor do Conservatorio de Bari e director de varios concursos internacionais. Francesco Monopoli tocará obras de Scriabin, Prokofieff e Rachmaninoff nun homenaxe á música rusa.
"Gústame a súa forma de entender a música", dixo sobre el o director Carlo Maria Giulini, trala súa interpretación de Variacións Diabelli de Beethoven. Nado en Barletta, graduouse con honores no Conservatorio Bari de Música, estudando co pianista
arxentino Hector Pell (quen foi alumno de V. Vitale, S. Lorenzi and A.B. Michelangeli). Mais tarde, realizou estudos de posgrao con Michele Marvulli (Diploma de mérito na Accademia Musicale Pescarese), Sergio Perticaroli ("lan-ciano", premio en 1983 e premio especial do Profesor Perticaroli en 1984), e Maria Curcio Diamond (en España e Londres).
Realizou máis de 350 recitais en Italia, Francia, Alemania, Taiwán, Xapón, Rusia, España, Albania, Romanía, e Inglaterra e tocou como solista con grandes orquestras italianas así como estranxeiras( Bari, Lanciano, Lecce, Nápoles, Milán, Roma, Taipei, Kahoshiung, Craiova, Bacau, Moldavia, Lituania, Varsaw, Tirana, etc.). Gañou varios premios en concursos tanto nacionais como internacionais de piano e oposicións para profesor de piano no Music Institute de Teramo.
Actualmente é profesor no State Conservatoy "N. Piccinni" de Bari. Gravou actuacións para a Radio Nacional Italiana, para a RAI e varios Cds en Italia, Romanía e Taiwán. Ofreceu clases maxistrais públicas en Taiwán, Xapón, Rusia e Albania, no Conservatorio de Bari sobre "O Concerto para Piano e Orquestra" e, actualmente ten unha clase maxistral bienal no "Curci Piano Academy".
É con frecuencia membro de xurados en concursos nacionais e internacionais de piano (ata agora en mais de 60 concursos). Ten gran experiencia en música de cámara e interpretou varios concertos con dúos, tríos, cuartetos e quintetos en Italia, Alemania, Romanía, España e Francia con famosos grupos de cámara como o Pfeifer Quartet, Academia Quartet y Syrinx Trío.
Tamén está licenciado en Composición e estudou para Dirección de Orquestra. Ten escrito varias composicións para piano, trío, música de cámara e voz e orquestra.
É presidente de Cultura e Música "G. Curci", Asociación Musical dende 1984 e director artístico dos Concursos Internacionais: Premio Mauro Paolo Monopoli e Cidade de Barletta. Pola súa actividade artística e organizativa, foille outorgado o premio "Disfida de Barletta" en 1993, o premio "Telethon BNL" en 1994 e o premio "Teatros
Abertos"en 1999 como promotor e organizador dos eventos musicais máis importantes en Apulia Region (Italia).
Descargar todas as imaxes