Escoitar

Benestar Social e "Hoy por Mañana" colaboran na atención de nenos con dificuldades especiais

O departamento de Benestar Social continuará a colaborar coa asociación "Hoy por Mañana" para que os nenos con dificultades especiais reciban unha atención axeitada.

mércores, 25 mai 2005
1117027432convi2505.jpeg
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou hoxe mércores en rolda de prensa un convenio de colaboración entre o seu departamento e a asociación "Hoy por Mañana". O obxectivo deste acordo, segundo explicou a concelleira, é "a atención aos máis cativos con dificuldades especiais".

Para iso habilitarase na gardería coa que conta "Hoy por Mañana" unha serie de prazas que non excederá de catro e nas que quedarán cubertos todos os servizos que xa presta habitualmente a asociación colaboradora a través desta entidade. Dita escola infantil está situada na rúa Sagunto e conta con dúas unidades: unha de cero a tres anos e outra de tres a seis.

Os beneficiarios deste convenio son os nenos e nenas da cidade de Vigo en xeral que precisen unha atención acorde coas súas necesidades especiais, sobre todo aqueles que formen parte de familias con dificuldades económicas. O departamento de Benestar Social encargarase de valorar as circunstancias de cada cativo.

Como obxectivo secundario, co acordo presentado hoxe preténdese dar apoio aos pais destes nenos, tendo en conta que o servizo de atención prestado a través de "Hoy por Mañana" non está cuberta polo sistema socio-educativo público.

O convenio ten un importe de 6.000 euros e estará en vigor ata o 31 de decembro de 2005. Serán beneficiarios todos os nenos derivados polos servizos sociais municipais ata cubrir as prazas. Este é o segundo ano que se asina este acordo. Co do ano pasado deuse axuda a tres nenos.
Descargar todas as imaxes