Escoitar

Muller participa na formación de mediadoras contra a violencia de xénero

A asociación rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo está a organizar un curso de formación de mediadoras para mulleres e homes que queiran colaborar na loita contra a violencia de xénero.

martes, 24 mai 2005
O curso que conta coa colaboración da Concellería da Muller e comprende dous ciclos de formación. O primeiro , que se está a desenvolver estes días e remata o día 25 de maio, participan representantes das Forzas de Seguridade ( policía nacional, autonómica, local e garda civil); un fiscal, unha avogada , unha traballadora social, unha psicóloga, unha médica e a directora da casa de acollida .

O segundo ciclo está previsto para os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño, e no mesmo poderán participar todas as persoas que decidan traballar na Rede.

O curso realizase no centro Cívico do Casco Vello.