54 participantes divididos en tres categorías no Concurso Nacional de Piano
28 participantes na categoría juvenil, 10 na xuvenil e 16 na modalidade de novo concertista é o punto de partida do novo Concurso Nacional de Piano, que se celebra, "con vocación de continuidade", a partir do vindeiro xoves 26 en diferentes auditorios de Vigo.
O Concurso Nacional de Piano "Compositores de España celébrase en Vigo "con vocación de continuidade", segundo afirmara o día da presentación a alcaldesa Corina Porro, en diferentes auditorios da cidade. Este Concurso, que transcorre paralelamente ao Festival de Piano e está aberto tamén a pianistas portugueses, comprende tres categorías: infantil (ata os 12 anos), xuvenil (dos 13 aos 18 anos), e novo concertista (de 19 a 33 anos). A data límite para inscribirse foi o 10 de maio e as categorías quedaron da seguinte maneira: infantil (28 inscritos), xuvenil (10 inscritos) e novo concertista (16 inscritos). Segundo a organización as solicitudes rebasaron as previsións do concurso, o que supón un éxito a priori desta primeira edición. Nas bases do concurso prevese dedicar cada edición a un compositor español e este ano homenaxéase a Antón García Abril, interpretándose as súas diferentes obras escritas para piano. Tamén se poderán escoitar obras escritas por compositores galegos.
Para a categoría infantil establécense un primeiro premio de 600 euros, un segundo de 300 e un terceiro de 200. Nesta categoría tamén haberá un premio á mellor interpretación da obra de Antón García Abril, de 300 euros, e un premio á mellor interpretación dun compositor galego, con outros 300 euros. Na categoría xuvenil entregaranse un primeiro premio de 2.000 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 600. Os premios ás mellores interpretacións da obra de Antón García Abril e dun compositor galego serán de 600 euros cada un. Dentro da categoría novo concertista haberá un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 euros, e un terceiro de 1.500. Para os mellores intérpretes da obra de Antón García Abril e dun compositor galego establécense senllos premios de 800 euros.
O xurado estará composto por oito membros: o presidente, Leonel Morales; o compositor homenaxeado, Antón García Abril; e os expertos Iliana Cortizo, Julio García Casas, Natalia Lamas, Fernando Puchol e Roberto Relova; ademais de Antonio Jiménez como secretario do Xurado. O pianista Leonel Morales comentou que este Concurso é "un acicate para os rapaces", xa que lles permite "ver que teñen unha porta aberta para compararse cos pianistas de todo o país".
A directora xeral do Comité organizador, María Herrero, agradeceu á Fundación Mayeusis a súa colaboración na organización do concurso e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos participantes anunciando ademáis que os premiados na categoría Novo Concertista accederá directamente á segunda fase do 6º concurso internacional de piano Compositores de España de As Rozas de Madrid que se celebrará do próximo 19 ao 26 de novembro. O primeiro premio desta categoría poderá ademais facer unha xira de concertos organizada polo concurso comprometéndose a tocar o programa do concurso, incluíndo as obras españolas da proba final. En caso de que o gañador non o puidese facer por cuestión de datas realizará a xira o segundo premio.
O concurso quedará inaugurado o xoves 26 de maio no Auditorio do Concello a partir das 20 horas, tendo lugar a presentación dos concursantes e o xurado, o sorteo das categorías, o concerto de apertura a cargo de Antonio Di Cristofano e un cocktail final para os concursantes, jurado, patrocinadores, personalidades e invitados.
As probas de categoría infantil terán lugar entre o 26 e 27 de maio nas instalacións da Fundación Mayeusis, sendo o último día a deliberación do xurado e punlicación do resultado. A categoría xuvenil desenvolverase entre o 27, 28 e 29 de maio en dúas sedes, o auditorio do Concello e o do Centro Cultural Caixanova. Dividirase en dúas fases, haberá proba final e logo deliberación e publicación dos resultados. A categoría Novo Concertista desenvólvese entre os días 29, 30 e 31 de maio e cunha estructura similar á categoría xuvenil. O día un de xuño terá lugar o acto de clausura no auditorio do Centro Social Caixanova coa entrega de premios e un concerto ofrecido polos premiados nas diferentes categorías, concerto que formará parte do Festival Internacional de Piano Vigo 2005.
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 retómase o mesmo día 26 coa actuación do artista e director do "Instituto Musicale Comunale" en Grosseto, o italiano Antonio Di Cristofano, que tocará pezas de Mozart, Schubert, Brahms, Berg e Scriabin. Este concerto, que será ás 20 horas no Auditorio do Concello, retoma a serie de eventos musicais que, enmarcados no programa cultural de Vigo 2005, comezaron o pasado 19 de abril coa actuación de Leonel Molares e servirá ao tempo de apertura para o Concurso. Dentro da programación do Festival actuarán tamén en Vigo os recoñecidos pianistas Francesco Monopoli (27 de maio), Pierluigi Camicia (28 de maio), Enrique Bátiz (29 de maio), Giovanni Humberto Battel (30 de maio) e o gañador do 5º Concurso Internacional de Las Rozas de Madrid, Evgueni Starodoubtsev.
Descargar todas as imaxes