A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio con Teucro para a organización dun partido da Copa do Rei de balonmán
O sorteo deparou que en Vigo se disputase o partido Ademar León- Portland San Antonio correspondente aos cuartos de final da Copa do Rei. A Xunta aprobou tamén varios convenios no ámbito de Benestar Social dirixidos ao menor.
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra para a realización do proxecto "Me muevo", coa achega dunha cantidade de 6.010,12 euros. O proxecto pretende desenvolver a autonomía destas persoas co fin de que acaden o maior grao de independencia posible. Os destinatarios serán nenos, nenas e mozos con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, a partir dos oito anos. "Me muevo" contempla tanto programas de aula como outros de rúa máis prácticos.
Dentro do departamento de Benestar Social, a Xunta aprobou tamén dous convenios de colaboración: con Hijas de la Inmaculada para o desenvolvemento de actividades de apoio educativo por valor de 4.800 euros e coa Asociación Xuvenil Abertal para a realización dun proxecto de apoio ao menor durante 2005 por 16.000 euros.
En Deportes, a Xunta aprobou un convenio coa Sociedade Deportiva Teucro para a organización do partido de cuartos de final da Copa do Rei de Balonmán que se disputará o próximo mércores en Vigo entre o Ademar León e o Portland San Antonio, cunha achega de 9.000 euros.
En Participación Cidadá a Xunta deu luz verde á subvención para o alugamento do local da Asociación de Veciños "A Nosa Terra" de Alcabre, dentro das medidas de fomento do asociacionismo na cidade e por un importe total de 2.885 euros. O Concello propuxo un local na rúa Roade número 6 da parroquia.
A Xunta aprobou tamén o proxecto de convenio coa facultade de Historia da Universidade para a realización de prácticas no Museo Quiñones de León. Estas prácticas irán dirixidas principalmente aos alumnos de Arte, Historia e Arqueoloxía.
Descargar todas as imaxes