Comezan os preparativos para elaborar o novo Plan Local de Drogas
A Comisión Permanente do Plan Local de Drogas , presidida pola concelleira de Benestar Social , Marta Iglesias, acordou elaborar un novo documento do Plan para o período 2006-2008 .
A comisión que se reuniu na mañá do venres, 20 de maio, decidiu entre outros temas a celebración das V Xornadas do Plan en novembro deste ano , así como a substitución na Comisión do técnico municipal Lois Cea polo director de Cedro, Francisco Otero.
No transcurso da xuntanza tratouse tamén da organización do traballo e a convocatoria das comisións de Prevención, Asistencia e Incorporación Social do Plan de cara a elaborar un novo documento para o período 2006-2008.
O Plan actual presta unha especial atención aos grupos de risco, consonte á drogodependencia ou á adicción que se deba previr. Asemade, deseña medidas xerais e actividades para novos, fomenta a participación dos axentes sociais, coordina servicios, afonda na educación para a saúde nos centros escolares e analiza a mensaxe existente na sociedade sobre as drogas e as outras adiccións.
Descargar todas as imaxes