O Conectical Festival clausurará este ano a NX Conecta doando un tercio das entradas á loita contra o cancro
Este festival musical terá lugar na Cidade Universitaria o día 8 de xullo e traerá a varios dos mellores dj’s de España. Unha terceira parte da recadación será doada á Asociación Española contra o cancro.
A concelleira Marta Iglesias presentou hoxe venres o Conectical Festival 2005, un evento musical que traerá a Vigo a un grupo dos mellores dj’s do panorama español, dentro do marco de actividades da NX Conecta e que servirá como acto de clausura. O Conectical Festival terá un importante sentido benéfico ao ceder un tercio do prezo da entrada á Asociación Española contra o cancro. Desta maneira, explica Jorge Santos, director de Marketing de Caixanova que organiza o NX Conecta, "conseguimos o obxectivo desta festa informática dándolle unha orientación social e de compromiso. A nosa idea era mostrar que o mesmo mozo afeccionado aos ordenadores é tamén comprometido, gústalle a música e ademais é afeccionado ao deporte, que é a terceira orientación da festa", dixo.
O Conectical Festival é un concerto que terá lugar o día 8 de xullo entre as 24 horas e as 7 da mañá no Pavillón da Cidade Universitaria de Vigo e servirá de colofón á festa informática NX Conecta. Na festa pincharán o dj Neil, dj Gausa, Jesús del campo e Fernando Collazo, residente da sala viguesa Manco.
O promotor do festival, o xerente da empresa Desarrollo Tecnológico de Galicia, Luis Asenjo Pérez, destacou o compromiso da iniciativa coa loita contra o cancro, destinando 5 euros dos 15 que costa cada entrada á Asociación española contra o cancro. Segundo Asenjo o cancro é un problema de todos que cada ano afecta a máis persoas e cada vez máis novas. "A mocidade é solidaria e a proba son os máis de 500 voluntarios asociados por Internet a esta loita pero o problema é que as veces non atopamos as vías para axudar. Con esta vía tendémoslles unha ponte para ser útiles e ademais participando nun evento que emprega unha linguaxe que os mozos coñecen moi ben, o da música", dixo Luis Asenjo.
Pola súa parte, Josefina Crespo, presidenta da Asociación Española contra o cancro de Vigo agradeceu o compromiso deste evento coa causa e comentou que é necesaria a implicación da empresa privada nos asuntos sociais que, por outra parte, dixo, "é cada vez maior", palabras ratificadas pola concelleira Marta Iglesias. Participaron tamén na presentación Pati Blanco, director de Relacións Externas do Corte Inglés, Rafael Núñez, xerente da Cidade Universitaria de Vigo e María Troncoso, coordinadora de Relacións Públicas de Begano, entidades colaboradoras do evento.
Descargar todas as imaxes