Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

<br />

venres, 20 mai 2005
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do permiso municipal de conductor de autotaxis, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentacion exisida na vixente ordenanza municipal reguladora do servizo, até o día 10 de xuño dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 16 de febreiro de 2005, incluído.

Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico (considéráse caducado se pasaron máis de tres meses dende a súa data de expedición), ou que non o presentasen, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas nas oficinas da área, antes do citado día.

As probas realizaranse o 15 de xuño na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

HORARIOS
Ás 9 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o A-L, ambos os dous inclusive.
Ás 11 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o M-Z, ambos os dous inclusive.

O tribunal está composto por:
Presidente: Antonio Coello Bufill
Secretaria: Carmen Pintado García
Vogal: Juan Comesaña Alén