A importancia do ecosistema mariño galego e as xestas náuticas centran as dúas vindeiras conferencias do ciclo "Polos mares de Galicia"
As dúas vindeiras sesións do ciclo "Polos mares de Galicia", que terán lugar no salón de actos da Casa Galega de Cultura o luns e o mércores da vindeira semana, días 23 e 25 de maio ás 20.00 horas, estarán dedicadas á importancia do ecosistema mariño galego e aos protagonistas das xestas náuticas.
No primeiro caso será Soledad García Gil, profesora da Área de Estratigrafía e directora do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo, a encargada de explicar qué é o que fai tan singular e rico o mar de Galicia. Esta conferencia, que leva por título "O mar de Galicia e os seus fondos", será presentada polo decano da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Nombela.
Así, na súa intervención, García Gil fará un achegamento á realidade biolóxica e xeolóxica do ecosistema mariño galego, ofrecendo unha visión da súa singularidade que se traduce tamén nunha biodiversidade rica e única. Neste sentido comentará as características das rías, que representan un perfil litoral singular, tanto polas súas características xeolóxicas, como pola afluencia de correntes mariñas e fluviais, pola temperatura, a diversidade biolóxica, polos fondos.
Soledad García Gil ten participado e organizado diferentes congresos sobre fondos mariños e membro de diversas asociación científicas. Ademáis é autora e coautora dunha ducia de obras sobre sedimentología, xeoloxía mariña,
Por outra banda, o mércores 25 de maio, será o escritor e investigador Lino Pazos Pérez o encargado de falar sobre os protagonistas das grandes xestas náuticas nunha conferencia titulada "Mareantes: titáns do mar", na que analizará a realidade de Galicia como un pobo históricamente volcado ao mar. Durante séculos houbo galegos que acadaron sona e gran relevancia no seu tempo como protagonistas das grandes xestas náuticas e os titáns do mar non so estiveron presentes nas grandes travesías e descubrimentos, ou nas batallas navais de máis sona histórica.
O investigador, que ten afondado na historia do mar de Galicia, nos seus faros e nos navegantes, explicará que hai tamén unha épica en outro tipo de actividades como é a pesca, a captura de grandes cetáceos e no salvamento de naufraxios.
Membro da World Ship Society, da Asociación A Pineira, e da Asociación Mar de Noia, Lino Paxzos ten publicado diversas obrsa sobre estes temas, como Anécdotas e vivencias de Tui e comarca, Guía das ermidas illeiras nas Rías Baixas, Castelao entre nós, Ballenas y balleneros en Galicia, Naufraxios en las Rías Baixas, Guerra submarina en Fisterra, Guía de sereas de Galicia e Guía de faros de Galicia, entre outras.
"Polos mares de Galicia" é a terceira edición do ciclo "Ámbitos de Galicia", programa promovido e organizado pola Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Vigo coa colaboración da Fundación Caixa Galicia e da Universidade de Vigo. O obxectivo do programa do 2005 é presentar a visión máis ampla, e ao mesmo tempo completa, dun dos elementos primordiais da historia, do presente e do futuro de Galicia: O mar. Precisamente a celebración deste ano cobra especial relevancia no que concirne ás vinculacións de Galicia co medio marítimo porque a nosa cidade vai ser o punto de partida da Volvo Ocean Race, a competición máis sobranceira do panorama náutico actual.
Descargar todas as imaxes