"Mareantes: titáns do mar" centra a próxima conferencia do ciclo "Polos mares de Galicia"<br />
A vindeira sesión do ciclo "Polos mares de Galicia", que terán lugar no salón de actos da Casa Galega de Cultura o mércores , día 25 de maio ás 20.00 horas, estará dedicada aos protagonistas das xestas náuticas.
O escritor e investigador Lino Pazos Pérez será o encargado de falar sobre os protagonistas das grandes xestas náuticas nunha conferencia titulada "Mareantes: titáns do mar", na que analizará a realidade de Galicia como un pobo históricamente volcado ao mar.
Durante séculos houbo galegos que acadaron sona e gran relevancia no seu tempo como protagonistas das grandes xestas náuticas e os titáns do mar non so estiveron presentes nas grandes travesías e descubrimentos, ou nas batallas navais de máis sona histórica.
O investigador, que ten afondado na historia do mar de Galicia, nos seus faros e nos navegantes, explicará que hai tamén unha épica en outro tipo de actividades como é a pesca, a captura de grandes cetáceos e no salvamento de naufraxios.
Membro da World Ship Society, da Asociación A Pineira, e da Asociación Mar de Noia, Lino Paxzos ten publicado diversas obrsa sobre estes temas, como Anécdotas e vivencias de Tui e comarca, Guía das ermidas illeiras nas Rías Baixas, Castelao entre nós, Ballenas y balleneros en Galicia, Naufraxios en las Rías Baixas, Guerra submarina en Fisterra, Guía de sereas de Galicia e Guía de faros de Galicia, entre outras.
"Polos mares de Galicia" é a terceira edición do ciclo "Ámbitos de Galicia", programa promovido e organizado pola Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Vigo coa colaboración da Fundación Caixa Galicia e da Universidade de Vigo.
O obxectivo do programa do 2005 é presentar a visión máis ampla, e ao mesmo tempo completa, dun dos elementos primordiais da historia, do presente e do futuro de Galicia: O mar. Precisamente a celebración deste ano cobra especial relevancia no que concirne ás vinculacións de Galicia co medio marítimo porque a nosa cidade vai ser o punto de partida da Volvo Ocean Race, a competición máis sobranceira do panorama náutico actual.
Descargar todas as imaxes