Escoitar

Pierluigi Camicia interpreta a Chopin o sábado 28 no Auditorio do Concello

O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continúa traendo á nosa cidade a desctacados intérpretes deste instrumento musical. Así, o sábado 28 de maio, a partir das 21:00, Pierluigi Camicia tocará pezas de Chopin no Auditorio do Concello. O domingo 29 será o turno de Enrique Bátiz e o luns 30, de Giovanni Humberto Battel.

venres, 27 mai 2005
1117201656camici.jpg
Pierluigi Camicia
Pierluigi Camicia inicia a súa carreira concertística gañando o Concurso Nacional (Treviso) e varios concursos internacionais de gran prestixio, (Busoni, Ciani, Chopin) coa admiración e o aprezo de artistas como Rostropovitch, Ferrara e Ciccolini. Camicia deu recitais en Europa (Alemaña,Polonia e Suiza) así como en Estados Unidos (Salt Lake, Cleveland, Akron, Los Angeles, Fresno) obtendo o éxito de crítica e público.

Particular atención merece o seu repertorio, en colaboración con solistas e afamados directores e con orquestras europeas e americanas. Xunto con Michael Flaksman, Angelo Persichilli, Felix Ayo, Nina Beilina e Alessandro Perpich realiza Música de Cámara de diferentes propostas musicais.

Titular da Cátedra do Piccinni di Bari desde 1973. Grabou música de Chopin, Giuliani, Faurè e Van Westerhout para a Abegg e Bongiovanni. É Director Artístico da Asociación AUDITORIUM de Castellana Grotte, desde o ano 1974, produce e organiza concertos de cámara, sinfónicos e ópera lírica e tamén na forma de Teatrodanza, ópera para nenos,representados en varios teatros italianos (Belli a Spoleto, Ragusa, Siracusa, Catania).

En 1998 fundou xunto a Vito Paternoster a Orquestra Barocca "La Lyra di Amphione", formada cos mellores e máis variados músicos, utilizando os instrumentos da época. Con ela produciu numerosos eventos musicais (Dido & Aeneas di H. Purcell, a Messa in Si minore de J.S. Bach, o Stabat Mater de P. Cafaro). Recentemente a Orquestra foi invitada ao Festival Lírico del Comune di Bari para interpretar a ópera de Piccinni "La Cecchina o la buona figliola".

De 2002 a 2003 dirixe artísticamente o "Talos Jazz Festival" en Ruvo di Puglia, un dos máis importantes festivais de jazz italianos, invitando artistas como Giorgio Gaslini, Uri Caine, John Taylor. Desde 2003 é Director Artístico da Camerata Musicale Salentina di Lecce, a máis importante Asociación Musical de Salento. Ten Masterclasses de piano e música de cámara por Universidades en EEUU (BWYU - Provo - UTAH, CSUF –Fresno - CALIFORNIA, WESLEYAN COLLEGE - Macon -GEORGIA, etc.) e en festivais en Alemaña, Francia, Iugoslavia.

Pierlugi Camicia ten tocado para importantes teatros, orquestras y asociacións concertísticas en Italia, como La Scala de Milán, Teatro Verdi en Trieste, L'Ente Lírico Sinfónico en Cagliari, Bellini de Catania, La Fenice de Venecia, e regularmente en Alemaña, España e Francia. Recibiu en 2000 o premio musical "Nunzio Freni".

Enrique Bátiz

Un estudo de discografía comparada, feito pola BBC de Londres, coloca en segundo lugar de preferencias unha interpretación da Quinta Sinfonía de Tchaikovsky con Enrique Bátiz á fronte da Royal Philharmonic Orchestra, despois unicamente doutra do case lendario Lovro von Matacic e en competencia vantaxosa coas de Mravinsy, Karajan, Klemperer e Rostropovich.

Enrique Bátiz comezou os seus estudos en 1950, baixo a guía de Francisco Agea. Posteriormente recibiu ensinanzas de Gyorgy Sandor, Adele Marcus e Alexander Uninsky, para desembocar en estudos de postgrao feitos en Varsovia con Zbignieg Drzewieckie.

Foi becado pola Southern Methodist University de Dallas, a Juilliard School of Music de Nova Iorque (bolsa "Van Cliburn"), a bolsa "Carlos Trouyet", e a que outorga a Unión Panamericana de Washington.

Gañou o Premio das Mocidades Musicais de México para artistas novos e o segundo lugar no Concurso Homenaxe a Chopin do Canal 11 de Televisión. Foi semifinalista no Concurso Internacional de Piano "Marguerite Long" de París. Participou ademais nos
Concursos Internacionais "Raíña Isabel" de Bruxelas, "Federico Chopin" de Varsovia e "Ferruccio Busoni" de Bolzano, onde obtivo o quinto lugar. Bátiz comparte a experiencia musical como director de orquestra coa de concertista de piano.

Luns, 30 de maio

Giovanni Humberto Battel naceu na provincia de Venecia e comezou os seus estudios
de piano aos catro anos baixo a dirección do seu pai Camillo, pianista e compositor. Graduouse coas máis altas calificacións e Mención de Honor no "G. Tartini"
Conservatorio en Trieste, baixo a dirección do maestro Luciano Gante.

Entre 1974 e 1979 gañou seis importantes Concursos Nacionais de Piano: Osimo, La Spezia, Treviso, Trieste "C. Monti", Taranto" A. Speranza", Albenga. Entre 1978 e 1982 gañou Premios nos Concursos Internacionais de Stresa, Votti, Pozzoli, Busoni, Barcelona, A. Casagrande e Enna.

Despois do seu debú como solista (1976), no Teatro "La Fenice" de Venecia e a súa priemeira actuación con Orquestra no Teatro de Sanremo (1980), realizou multitude de concertos por toda Italia. Dende 1986, ofreceu concertos en Francia, Alemania, Gran Betaña, Bélgica, Suiza, Eslovenia, Suecia, Croacia, Grecia, Turquía, Rusia, Japón,
USA...

Ten gravado para a radio e a televisión Italiana. Posúe dous Cds co Concerto de Piano de Busoni op. 39ª (Bongiovanni ed). Aos trinta anos obtivo a Cátedra de Piano "B. Marcello", no Conservatorio de Venecia e foi Director do mesmo no curso académico 1997/98. Impartiu "Masterclass" en Italia, Francia, España, Serbia, Turquía, Japón e USA.
1117201656camici.jpg
1117201903batiz.jpg
1117201916battel.jpg

Máis información