Normas para as fogueiras da noite de San Xoán
<br />
1º) As persoas, organizacións ou comunidades que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral deste Concello, con cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento; terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.
2º) A fogueira deberá estar finalizada con dous días de antelación a súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.
3º) O volume do material combustible da fogueira non superará os 8 m de diámetro nin os 3 m de altura.
4º) A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados produtos inflamables nin zona forestal no redor.
5º) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
6º) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.
7º) Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
8º) É obrigatoria a presentación dunha póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150.000,00 €.
En todos os casos os/as solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
Vigo, 25 de maio de 2005
A Alcaldesa
Corina Porro Martínez