Escoitar

O Goberno Municipal anima aos vigueses a apoiar ao Celta no encontro deste sábado fronte ao Terrassa

A situación deportiva que atravesa o Real Club Celta é motivo de especial atención para o ascenso do equipo de Vigo a Primeira División.

venres, 27 mai 2005
O Real Club Celta é un fenómeno de cohesión social. A ninguén lle escapa o impacto enormemente positivo que para a sociedade viguesa ten a celebración en Balaídos de partidos de fútbol de Primeira División e, por suposto, de competicións europeas. A economía local benefíciase desta situación e a imaxe de Vigo proxéctase permanentemente a todo o mundo.

Temos por diante catro partidos decisivos para o noso equipo. Debemos ser conscientes do que está en xogo e do estímulo que, co noso firme apoio, podemos prestar a quenes teñen nas súas botas a posibilidade de que Vigo volva a ser –futbolísticamente- unha cidade de primeira.

Por iso desexamos facer chegar aos xogadores, ao equipo técnico e ao Consello de Administración do Real Club Celta o apoio decidido deste Goberno, ao tempo que lles pedimos o máximo esforzo, a máxima entrega e acerto para acadar o obxectivo de ascender a Primeira División.