14.600 metros de entubado para completar a rede de abastecemento da cidade
Xosé Manuel Iglesias compareceu ante os medios para explicar en qué consistiron as obras xa finalizadas do cinto perimetral e o novo depósito de Valladares que dará asistencia a unhas 90.000 persoas que aínda contaban cun servizo de abastecemento de augas precario.
O concelleiro Xosé Manuel Iglesias presentou hoxe venres, xunto co director xerente de Aqualia en Vigo, Lucas Díaz, aos medios de comunicación os traballos de mellora da rede de abastecemento de auga consistentes na conexión El Casal-Valladares e o peche perimetral, obras que xa están rematadas e nas que se investiron 8.214.928 euros.
Os obxectivos principais destas obras, nas que se instalaron 14.600 metros de entubado de fundición e 70.000 metros cadrados de aglomerado asfáltico para pavimentar os viais afectados, son:
- Posibilitar o abastecemento dende Eiras á zona de abastecemento en Vigo de Zamanes.
- Abastecer os caudais demandados polo P.T.L.
- Abastecer os caudais demandados polo PAU de Navia.
- Mellorar o abastecemento a Beade.
- Mellorar no seu conxunto o abastecemento a Vigo a través do equilibrado de Presións e dobre alternativa de subministro.
As obras incluíron a instalación dun novo depósito en Valladares cun volume de almacenamento de 5.600 metros cúbicos e dotado coas máis modernas tecnoloxías: está automatizado e telexestionado, conta con dous cámaras independentes, está totalmente permeabilizado e usáronse na súa construcción 1.200 m³ de formigón armado e 215.000 Kg. de aceiro. O depósito conta cun sistema de bombeo de Macal que conta cun caudal máximo de 200 l/s, unha altura de elevación de 100 m e 3 bombas cun total de 425 CV instalados.
O conxunto de actuacións efectuadas permite o abastecemento dende Eiras a Vigo de Zamanes, o abastecemento aos caudais demandados polo Parque Tecnolóxico e o PAU de Navia, mellórase o abastecemento de Beade e, no seu conxunto, a toda a cidade de Vigo, grazas ao equilibrado de presións e á dobre alternativa de subministro que supón o peche do anel perimetral. Este novo servizo afecta directamente a unhas 90.000 persoas.