Retómase a oferta de ocio nocturno xuvenil

xoves, 25 mar 2004

O programa de ocio nocturno Noites Vivas arranca de novo para amenizar as veladas xuvenís con actividades para todos os gustos. Esta nova tempada contempla algunha novidade entre obradoiros e actividades deportivas, e conserva a posibilidade de utilizar as sedes como lugar de encontro e actividade libre.

Xuventude programa novas exposicións

xoves, 4 mar 2004

A Casa da Xuventude inicia este mes de marzo unha nova rolda de exposicións co título xenérico de "punto de encontro" que se prolongarán ata o mes de xullo. Nestes meses poderase visitar mostras de fotografía, pintura, publicacións e diferentes traballos de colectivos.

O Entroido,actividad principal das ludotecas municipais

mércores, 4 feb 2004

Diversidade de temáticas e a celebración do Entroido centran a programación infantís e xuvenís para as rapazas e rapaces de Vigo que asistan durante o mes de febreriro ás ludotecas municipais da Casa da Xuventude, Coia, Lavadores, Coruxo e na de integración de Hoy por Mañana.<br />

Noites Vivas para a fin de semana

xoves, 11 dec 2003

As Noites Vivas, programa da Concellería de Xuventude, presentase esta fin de semana coma anticipo o Nadal e esto vese reflectido nas actividades que se realizarán nas distintas sedes.

O Concello deseñará un Plan Integral de Xuventude a nivel local

venres, 5 dec 2003

A Unión Europea ven de aprobar a cofinanciación do proxecto de dinamización de participación xuvenil de Vigo que presentou a Concellería de Xuventude. Belén Sío , titular de xuventude do Concello, manifestou que o proxecto ten como finalidade deseñar un Plan Integral da Xuventude a Nivel Local que ten un orzamento total de 153.846 euros e un prazo de execución ata o 2005.

Noites Vivas amplía as actividades ao Museo do Mar

mércores, 3 dec 2003

A consellería de Xuventude ven de asinar un convenio co Museo do Mar de Galicia polo que os mozos e mozas de Vigo poderán visitar a exposición "Olladas oceánicas" as noites dos días 12,13,19 e 20 de decembro. O convenio asinouse no marco da programación das Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.

Cociña , encadernación, reloxos artísticos e baile este fin de semana en " noites vivas"<br />

xoves, 13 nov 2003

O vindeiro venres día 14 de Novembro ás 23 h., no Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, 9, e dentro do Programa Noites Vivas, impartirase un obradoiro de Encadernación Artesanal. Tendo en conta a limitación de tempo o que se pretende realizar é un primeiro contacto cos materiais de encadernación, Colas, papeis ,cartóns, esta vez , montarase un lapiceiro e unha libreta caseira, de tal forma, que calquera sen saír de casa poida realizar un traballo así.