Manuel Vilas expón na Casa de Xuventude

luns, 23 xuñ 2003

A Casa da Xuventude acolle a partir do martes 24 de xuño unha mostra de José Manuel Vilas de arte diversa. A inauguración da exposición será ás 19:00 horas na Casa da Xuventude, na sala que ten a disposición de novos artistas e creadores así como para colectivos de interese xuvenil.

A Casa da Xuventude inaugura a mostra "New York just before"

martes, 27 mai 2003

A Casa da Xuventude abre a exposicición "New York just before. Inocencia e culpabilidade", unha escolma das fotografías realizadas por Juan Manuel Cuéllar cara unha interpretación do desastre do 11 de setembro. Así, as vinte imaxes da mostra contrapoñen distintos puntos da cidade estadounidense coa faciana en tensión de dúas actrices nun ensaio.

Xuventude patrocina a celebración do "Día do mozo" de Coia

venres, 23 mai 2003

A cuarta edición do "Día do mozo" celebrarase o sábado 31 de maio con variadas actividades que principiarán ás 12:00 e concluirán ás 20:00 co concerto Rockoia. O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, enxalzou a implicación dos colectivos de Coia neste proxecto de dinamización.

Inauguración da exposición do concurso fotográfico IV Vig-Bay

martes, 13 mai 2003

A Casa da Xuventude acolle a inauguración da mostra do Concurso Fotográfico da IV Vig-Bay a partir das 19:30 horas. No acto daranse a coñecer as imaxes premiadas na edición deste ano entre as realizadas polos dez finalistas. O certame, patrocinado pola Concellería de Xuventude, Vieirasa e Vigo Foto elixe as mellores instantáneas sobre a última media maratón Vig-Bay, celebrada entre Samil e Baiona o pasado 6 de abril.

Domínguez Olveira clausura "A radio na escola"

venres, 2 mai 2003

O concelleiro de xuventude Santiago Domínguez clausurou o pasado mércores no Colexio Público Lope de Vega o proxecto A radio na escola que, promovido pola propia Concellería de Xuventude, co apoio da Fundación Radio ECCA e a colaboración de MARKA Informática, desenvolveron ó longo de 17 semanas, percorrendo centros públicos da cidade de Vigo, e achegando a máis de 500 mozas e mozos o medio radiofónico.