Escoitar

O Concello pon en marcha un novo programa de dinamización xuvenil

A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, presentou a posta en marcha do Plan Nexus co que se pretende involucrar as persoas xoves na creación de redes xuvenís a nivel local impulsando a participación nas accións programadas por esta concellería e promovendo ás actividades realizadas polos xoves.

luns, 3 mai 2004
1083584655dinamizacion.jpg
A Concellería de Xuventude, unha vez analizada a realidade dos/das xoves de Vigo e guiándose polas recomendacións do Libro Branco da Comisión Europea, conseguiu o apoio desta Comisión para un proxecto de dinamización da participación xuvenil nesta cidade. A Comisión aporta unha cantidade de 100.000 euros e o Concello 53.000 euros.

O Plan Nexus actuará nas liñas de creación de servicio de recursos asociativos , accións de participación e divulgación xuvenil , dinamización xuvenil en espacios naturais e creación de estructuras estables de participación.

Mediante o plan facilitase unha oficina de servicios e recursos asociativos que funcionará na Casa da Xuventude os martes e xoves en horario de 19 a 21 horas e que inclúe actividades como: Servicio de asesoramento presencial para asociacións xuvenís no ámbito da xestión: fiscal, contable, laboral, legal; realización de plans formativos a partir das necesidades presentadas polas asociacións; accións divulgativas de aproximación a novidades relacionadas co movemento asociativo; accións formativas, que desenvolvan temáticas especificas; soporte técnico á organización de participación e divulgación Xuvenil; formación en rede; boletín xuvenil Web; promoción de redes asociativas sectoriais; campañas de mellora asociativa; información de interese: convocatorias de subvencións, novidades lexislativas...

Crearase tamén unha oficina de voluntariado europeo que se encargará do envío e acollida de voluntarios europeos; asesoramento na realización de proxectos; promover entre as asociacións e entre os mozos/as a presentación de proxectos e acompañalos en todo o proceso de busca de interlocutores, elaboración e presentación dos proxectos, etc...De formación: organizar seminarios formativos en relación ó programa /ou a diferentes colectivos.
Descargar todas as imaxes