Escoitar

O grupo islandés Múm abre o festival "sinsal"

O 4 de maio é a data de presentación da segunda edición do festival Sinsal que patrocina a concellería de Festas e Animación Sociocultural. Para a ocasión contarase cun dos grupos mais representativo del pop internacional como son os islandeses Múm.

luns, 3 mai 2004
1083590151sinsal.jpg
Agora que a música deste país dos glaciares está de moda coa súa embaixadora Bjork, Múm e Sigur Rós son os outros grandes representantes desta escola. Ademais os islandeses virán en compañía do compatriota Mugison que realizará un directo previo como introducción.

Múm actuará no cine Salesianos de Vigo ás 22 h, poucas horas despois de facelo no Kursaal de Donosti. O prezo da entrada é de 15 euros en anticipada (Sinsalaudio+Gong+Canciones Huérfanas en Vigo; Gong en Santiago e A Coruña) e de 18 euros en taquilla.

Programa do Festival

Maila que a actuación de Múm é o martes 4 de maio o festival Sinsal terá lugar durante todo o mes de xuño en diferentes escenarios da cidade. A organización ten previsto por a venda un bono de 30 euros para todo e festival.

- Luns,7 de xuño : Fursaxa (usa) e Six Organs of Admittance (usa). 22 Horas. Clube Vademecum.

- Martes, 8 de xuño: Dominique A (francia) e Mirna Mynkoff (santiago de compostela). 22 Horas. Cine Salesianos.

- Venres, 11 de xuño: Donna Regina (alemania) , Apenino (santiago de compostela) e Overlook )caldas de rei) 22 Horas. Salesianos ou Teatro Caixanova.

- Xoves, 17 de xuño: Damo Suzuki (xapón) 22 Horas. Espacio por determinar.

- Domingo,20 de xuño: No-neck Blues Band (usa) e grupo convidado. 22 Horas. Clube Vademecum.

Ciclo de cine especial "O cine e a música" en colaboración co cineclub Lumiere, no auditorio do Concello

- 07:06 This Is Spinal Tap (usa 1984)
- 14:06 Radio On (uk 1979)
- 21:06 Swing (francia 2003)
- 28:06 The Kids Are Alright (uk 1979)

Encontros de arte sonora en colaboración co Marco

- 15:06 Especial Raster-Noton (alemania) .20:00 Horas. Auditorio do Marco.
1083590151sinsal.jpg
1083590366mum.jpeg
Descargar todas as imaxes