Escoitar

Xunta de Goberno Local

O luns, día 3 de maio, reunese en sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" e a Concellería da Muller para o apoio a dita asociación durante o ano 2004 no desenvolvemento das súas actividades.

venres, 30 abr 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 19 de abril de 2004.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servicio de axuda no fogar: alta exptes. 12/22792, 12/30637, 11/30496 e doc. 40006749.

CULTURA
3.- Memoria de avaliación do espectáculo "Toda una vida" realizado por Radio Popular S.A. para que se autorice o aboamento de subvención concedia pola C.Goberno do 9.06.03. Expte. 7752/331.

DEPORTES
4.- Proxecto de semente e renovación do céspede do Estadio Municipal de Balaídos.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
5.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de vigo e a empresa Alcampo S.A. para o desenvolvemento do curso "caixeiro/a de gran superficie". Expte. 2275/077.

6.- Bases para o procedemento de captación e selección de beneficarios/as do Proxecto Alicerce. Expte. 2297/077.

INTERVENCIÓN
7.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de maio.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
8.- Solicitude de autorización da Agrupación de Festas de Vigo para a celebración da Festa de San Isidro en Moledo do día 14 ó 16 de maio de 2004. Estimada. Expte. 69328/210.

9.- Solicitude de autorización da Comisión de Festas da Xuventude para a celebración da Festa da Xuventude en Balaídos do 12 ó 17 de maio de 2004. Estimada. Expte. 69432/210.

MULLER
10.- Proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" e a Concellería da Muller para o apoio a dita asociación durante o ano 2004 no desenvolvemento das súas actividades. Expte. 1653/224.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
11.- Devolución de fianzas:
a) D. Andrés Tamajón Barranco: instalación do Circo Acuático Bellucci en Samil. Doc. 40016673.
b) D. Emidio Bellucci: instalación do Circo Bellucci en Samil. Doc. 40026136.

12.- Reclamación de danos:
a) D. Manuel Avelino Seijas García. Estimada. Expte. 13805/240.
b) D. José Manuel Garrido Martínez. Desestimada. Expte. 13280/240.

PERSOAL
13.- Dar conta da resolución do Concelleiro delegado de Persoal pola que se autoriza a reducción da xornada diaria a D. David Fernández López por ter un fillo menor de nove meses. Expte. 14974/220.

14.- Dar conta da resolución do concelleiro delegado de Persoal pola que se autoriza a reducción da xornada diaria a Dª. María Sierra Abraín por ter un fillo menor de nove meses. Expte. 14996/220.

15.- Dar conta de resolucións da Alcaldía sobre gratificacións por servicios especiais e extraordinarios do Servicio de Extinción de Incendios do 1º trimestre do 2004. Expte. 15028/220.

16.- Proposta de resolución do contrato de asistencia técnica para revisión, comprobación e actualización do inventario municipal adxudicado a SOLOPLAN S.L. Expte. 14369/240.

17.- Complemento de productividade a D. Juan A. Barreiro Vila por diferencia de función (primeiro trimestre do 2004). Expte. 14997/220.

URBANISMO
18.- Aprobación definitiva do Proxecto de urbanización da U.E. do PERI 5 Paradela 1-Teis . Expte. 4196/401.

19.- Informe sobre actuacións a seguir en relación co PERI II-06 Carballa, trala sentencia recaída no r.c.a. nº 02/6727/1998.

20.- Recepcións parciais:
a) Obras de urbanización do Estudio de Detalle "Finca Villa Otero", entre a rúa Montecelo Alto e Baixo. Expte. 25818/250.
b) Obras de urbanización da U.E. Refrey, 4ª Fase. Expte. 34230/250.

XUVENTUDE
21.- Solicitudes de subvencións á Federación Española de Municipios e Provincias para actividades a desenvolver pola Concellería de Xuventude:

a) Programa "Ocio nocturno: noites vivas". Expte. 1073/336.
b) Proxecto de "Mantemento e mellora dunha oficina de información xuvenil (OFIX) en Vigo". Expte. 1074/336.
c) Equipamento e creación de recursos asociativos. Expte. 1075/336.

22.- Rogos e preguntas.