martes, 27 abril 2004
O monográfico galego abrirá as súas portas do 1 ó 9 de maio e contará coa presencia dunha trintena de firmas automobilísticas

As marcas máis representativas do mercado español acudirán ó XIII Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo mostrará na súa decimoterceira edición unha imaxe renovada e actual. A mostra que abrirá as súas portas do 1 ó 9 de maio no Instituto Feiral de Vigo (Cotogrande), acollerá a presencia dunha trintena de firmas automobilísticas nas que se atopan as máis representativas do mercado español. Porsche será este ano a firma protagonista xa que no marco do monográfico se mostrará unha exposición retrospectiva formada por unha vintena do seus modelos.

Foro da Sustentabilidade de Vigo<br />

martes, 27 abr 2004

O Concello de Vigo está a desenvolver a súa Axenda 21 Local, que é unha acción pública con base na participación cidadá, que persegue un desenvolvemento sustentable. Por este motivo , o mércores 28 de abril, terá lugar reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 21:00 horas no Auditorio do Recinto Feiral de Cotogrande.

Vigo recibe o espectáculo "O Xacobeo da Mocidade"

martes, 27 abr 2004

O próximo venres, día 30 de abril a partir das nove da noite, o pavillón de As Travesas, acollerá o espectáculo "O Xacobeo da Mocidade". O concerto, de carácter gratuíto, presentouno hoxe o concelleiro de Cultura ,Ignacio López Chaves e Xerardo Rodríguez , coordinador de espectáculos do Xacobeo 2004.