Cursos de Internet
A concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares, presentou os cursos de "Internet para todos" e as subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías de comunicación en entidades non lucrativas.
A concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares, presentou os cursos de "Internet para todos" e as subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías de comunicación en entidades non lucrativas.
O programa de ocio nocturno Noites Vivas, da concellería de Xuventude, presenta todas as fins de semana ata finais de maio, unha oferta de actividades que trata de abranguer ó maior número de usuarios posibles, realizando propostas deportivas, obradoiros, clásicos e innovadores, actividades en colectivo e individuais, creativas e de distensión, participativas e de simple presencia coma espectador.
Desde o 30 de abril e ata o vindeiro 18 de xullo, a Fundación Laxeiro expón na sala B da súa sede en Vigo, os últimos traballos do artista galego Álvaro Negro (Lalín, Pontevedra, 1973) que son o resultado das súas últimas experiencias, no Central Saint Martins College of Art and Design de Londres, durante o pasado ano.
O próximo 5 de maio de 2004 remata o prazo de inscrición e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería de Educación para o novo alumnado, as listas provisionais publicaranse o 20 de maio no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.
O luns, día 3 de maio, reunese en sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" e a Concellería da Muller para o apoio a dita asociación durante o ano 2004 no desenvolvemento das súas actividades.
Ponse en coñecemento do público en xeral que a partir do vindeiro luns 3 de maio ás 09.00 horas, o camiño Fontes en Samil quedará establecido como único sentido de circulación, con entrada dende a avenida de Samil e saída polo camiño Garita detrás das pistas de automodelismo.<br /> Solicítase a máxima colaboración cidadá
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechado ao tráfico o camiño Carrasqueira (Coruxo), con acceso exclusivo para residentes, nos tramos e datas seguintes:<br /> -entre o número 180 e o número 228, dende o luns 03, ás 08.00 horas, ata o venres 07 de maio, ás 20.00 horas. <br /> -entre o número 228 e a estrada de Canido, dende o luns 10, ás 08.00 horas, ata o venres 14 de maio, ás 20.00 horas.<br /> Solicítase a máxima colaboración cidadá.