xoves, 29 abril 2004

Xornada de portas abertas en Vigozoo<br />

xoves, 29 abr 2004

O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, anunciou que o próximo sábado un de maio o zoolóxico abre as súas portas de maneira gratuíta para que os visitantes poidan coñecer as instalacións.

Inaugurada a exposición itinerante "Galiciadixital: conéctate ao camiño"

xoves, 29 abr 2004

A Casa das Artes de Vigo acolle dende hoxe unha mostra itinerante da exposición "Galiciadixital" que estará aberta ao público ata o 9 de maio en horario de 11.00 ás 14.00 horas e de de 18.00 ás 21.30 horas e que promove a consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en colaboración co Concello de Vigo e Telefónica, entidade patrocinadora do Xacobeo 2004.