Escoitar

Tres comisións municipais estudiarán o proxecto Vigo 2005 e a Volvo Ocean Race, o convenio con Zona Franca e o estudio do borde litoral

A xunta de voceiros, na súa reunión de hoxe, acordou constituir tres comisións municipais para estudiar e facer un seguimento de proxectos do Goberno, entre os que figuran o estudio do borde litoral, o convenio con Zona Franca relativo a proxectos urbanos e desenvolvemento social, o convenio Vigo 2005 e a Volvo Ocean Race.

xoves, 29 abr 2004
As comisións, integradas por representantes de tódolos grupos políticos, reuniranse a partires do vindeiro luns. O día 2 de maio, ás 11:30 da mañá, integrantes da consultora que elaborou o estudio do borde litoral presentarán aos grupos políticos o proxecto. Ás 13:00 horas reunirase a comisión de seguimento do convenio con Zona Franca e ás 14:00, a que estudiará as accións da Volvo Ocean Race e o convenio Vigo 2005. Con respecto a este convenio, o Goberno presentou na xunta de voceiros os catro proxectos prioritarios na recuperación da cidade, entre eles a humanización das rúas do entorno da Alameda (Carral, Colón, Concepción Arenal, entre elas), as rúas perpendiculares a Urzáiz, a mellora das beirarrúas de Travesía de Vigo e a humanización do entorno de As Travesas.

A Comisión Vigo 2005 estará integrada polos concelleiro José Manuel Figueroa do PP; María Luisa Graña do PSdG-PSOE: Santiago Domínguez do BNG e Manoel Soto do DPG. A Comisión da Zona Franca estará formada por José Manuel Figueroa do PP; Mauricio Ruiz do PSdG-PSOE; Xabier Toba do BNG. A Comisión do Borde Litoral estará composta por José Manuel Figueroa do PP; Mauricio Ruiz do PSdG-PSOE; Lois Castrillo do BNG e Manoel Soto do DPG.