Cursos de Internet
A concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares, presentou os cursos de "Internet para todos" e as subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías de comunicación en entidades non lucrativas.
Lucía Molares destacou que a súa concellería aposta polas novas tecnoloxías e o uso de internet como acceso á información motivo polo que o departamento municipal impartirá 18 cursos de formación en internet os meses de maio, xuño e xullo nos centros cívicos de Coruxo, Teis e Casco Vello. Os cursos terán unha duración de dúas horas e media diarias para un total de quince horas, e celebraranse pola mañá de 10:00 a 12:30 e pola tarde de 17:30 a 20:00 horas. As inscricións os cursos xestionados pola concellería realizaranse por rigoroso orde de recepción no teléfono 010.
A concelleira informou tamén que se propuxo ás distintas asociacións de Vigo a posibilidade de cederlles unha rede de 10 ordenadores portátiles IBM e os manuais e CD’s do curso "Internet para todos", tendo que dispor a asociación de conexión a internet en banda ancha (ADSL, RDSI ou cable) e un punto de conexión a rede. Esta opción permitirá impartir os cursos nas súas asociacións.
Subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías
Por outra banda, a Concellería de Participación Cidadá, convoca as subvencións para o ano 2004 para actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación en entidades non lucrativas, con un importe total de 18.631,38 €, e dentro dos proxectos subvencionables atópanse os seguintes:
Custos de conexión a internet por medios de banda ancha (RDSI, ADSL e fibra óptica).
Instalacións de redes de ordenadores tanto cableadas como inalámbricas (WI-FI).
Alugamento de espacio en servidores web para aloxamento de páxinas.
Adquisición de nomes de dominios.
Elaboración de páxinas web.
Estes proxectos valoraranse en funcións dos criterios establecidos nas propias bases e que valoran por unha parte a calidade técnica e a novación da proposta e por outra o traballo desenvolvido pola entidade en tódolos ámbitos, así como a poboación dependente da entidade.
Descargar todas as imaxes