mércores, 5 maio 2004

Primeira reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo Axenda 21 Local

O Concello de Vigo iniciou o proceso de participación da sociedade viguesa no deseño dunha estratexia de futuro para o municipio, en clave de sustentabilidade. Este proceso comezou o luns 26 coa presentación da Axenda 21 Local de Vigo aos membros do Consello Sectorial de Medio Ambiente e abriuse a todas as organizacións e sectores da cidade a través do Foro da Sustentabilidade constituído o mércores día 30 de abril en Cotogrande.<br />

Escolares visitan ó campus a través do transporte urbano

mércores, 5 mai 2004

Os concelleiros de Tráfico e Cultura, Antonio Coello e Ignacio López Chaves, respectivamente, participan na visita que realizarán o xoves escolares do colexio Valle Inclán ó campus da Universidade de Vigo. A visita forma parte da campaña de fomento ó transporte público que realiza o Concello e Vitrasa e que este ano ten como lema coñecer o campus e as súas novas instalacións.

Inauguración da exposición "Mans creativas 2004"

mércores, 5 mai 2004

A concelleira da Muller, Lucía Molares, asiste á inauguración da exposición de traballos de mulleres que participan no programa municipal "O noso tempo" que se amosa nos locais da Federación Veciñal Eduardo Chao os días 6,7,8 e 9 de maio.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 5 mai 2004

A Xerencia Municipal de Urbanismo na sesión que celebra o xoves, día 6 ás 10 horas, tratará entre outros asuntos a prórroga da data límite para finalizar e recepcionar as obras do proxecto do paso inferior na Travesía de Vigo e reordenación da intersección coa rúa Aragón.