Abre a mostra do Festival Alternativo de Teatro e Danza
A compañía Fábrica de Teatro Imaginario de Bilbao coa obra "Yuri Sam" abre a terceira edición Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación Noescafe Teatro. Oito compañías traerán a Vigo, do 5 ó 15 de maio, as súas últimas montaxes realizadas fora dos estereotipos do teatro convencional para darlle paso á experimentación.
Os escenarios das representación serán os auditorios do Concello de Vigo e do Marco.O prezo das entradas é de 5 euros e haberá un bono semanal de 15 euros e para asistir a too o festival é de 30 euros.
Yuri Sam
Yuri Sam morreu no inverno de 2000. O diagnóstico : fractura do corazón e loucura. O seu espírito de chamán permítelle, non obstante, viaxar polo cosmos, visitar, por exemplo, os privilexiados vivos.Yuri Sam perdeu a fe, pero ante a evidencia dos seres míticos do máis aló, reza entre contradiccións. Entre lamentos, apoloxías da terra, entre segredos desvelados e recordos de tempos mellores, Yuri Sam reza aos deuses e espíritos nunha lingua arcaica e ofrece a súa oración aos donos etéreos do universo. Quizais só sexan palabras e palabras para ocultar o único verdadeiro: que respiramos e, algún día, deixaremos de respirar.
Obra está dirixida por Ander Lupus e producida por F.T.I.O texto é de Jon Gerediaga, o vestiario de Miren Lore Garmendia e Azegiñe Urigoitia e a música de Aitor Agiriano. Actores : Ander Lupus, Miren Gaztañaga, Verónica Fernández.
Programa
- Día 5,20’30 h, auditorio municipal
Fabrica de Teatro Imaginario FTI (Bilbao)
Obra: "Yuri Sam"
- Día 6, 20’30 h, MARCO
Antimatiz (Bos Aires)
Obra:"Beautiful People"
- Día 7, 21’30 h, auditorio municipal
Los Corderos (Barcelona)
Obra: "Crónica de José Agarrotado ( menudo hijo de puta)"
- Día 8, 21’30 h, auditorio municipal
Los Cafiolos (Bos Aires)
Obra: "Macbeth"
- Día 12, 20’30 h, auditorio municipal
MC4 Dança (Oporto)
Obra: "Inquietude"
- Día 13, 20’30 h, MARCO
Cámara Negra (Sevilla)
Obras: "Apuntes para un Hamlet"
- Día 14, 21’30 h, auditorio municipal
Cámara Negra (Sevilla)
Obra: "Otelo"
- Día 15, 21’30 h, auditorio municipal
Noescafé-Teatro (Vigo)
Obra: "¡No!"