O Concello inicia unha campaña informativa para fomentar o respecto ás regras de convivencia cidadá
O Concello de Vigo iniciará unha campaña informativa na que lles lembra aos cidadáns e cidadás o bando publicado pola Alcaldía de Vigo o pasado 14 de abril contra as regras de convivencia cidadá e sobre actos de natureza vandálica.
A campaña, de carácter informativo, trata de chegar directamente aos cidadáns que pasean polos xardíns, aos propietarios e propietarias de cans, aos xoves e, moi especialmente, aos nenos e nenas. Así, editaranse 2.500 exemplares do "Bando dos nenos e nenas de Vigo" e remitiranse ás aulas de todos os colexios da cidade que reúnan a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. A través dese bando, proporanse unha serie de actividades nas aulas para que o profesorado traballe cos nenos aspectos como a convivencia cidadá.
A campaña abrangue ademais a publicación de tarxetóns informativos que lembran a conveniencia de respectar as normas, que se distribuirán entre as e os cidadáns a través das distintas asociacións, así como da Casa da Xuventude. A maiores, colocaranse 40 sinalizacións en parques infantís, zonas verdes da zona urbana e espacios nos que se reúnen os mozos e mozas.
Dende o pasado 15 de abril, a Policía Local, a través do equipo de axentes dedicados ao cumprimento do bando, denunciou a 34 propietarios de cans que incumpriron o que marcan as ordenanzas; isto é, pasear os animais sen cadea, non recoller os excrementos ou causar molestias. Outras 29 persoas foron denunciadas por colocar carteis ou realizar inscricións ou pintadas en paredes, muros, fachadas dos espazos públicos. Algúns tamén por danar o mobiliario urbano. Neste período, a Policía Local realizou 88 denuncias por colocar contedores ou sacos de entullos na vía pública sen autorización. Dende antes da publicación do bando, dez persoas foron tamén denunciadas por pisar, cortar ou arrincar plantas ou especies vexetais da vía pública.
150.000 euros ao ano
Por outra banda, o Concello gasta 150.000 euros ao ano en repoñer plantas, mobiliario urbano e limpar pintadas derivadas de actos vandálicos. Desta cantidade, 90.000 euros destínanse a limpar pintadas das paredes de edificios e lugares públicos; 30.000 euros a repoñer plantas e regos, e outros 30.000 euros á reposición de papeleiras, bancos, á reparación de fontes e de elementos dos parques infantís.
Descargar todas as imaxes