Escoitar

Exposición "10 anos unidas nas ondas"

O Verbum-Casa das Palabras inaugura a exposición da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! "10 anos unidos nas ondas" que conmemora o décimo aniversario da experiencia. A inauguración será o martes, día 4 ás 18 horas e no acto presentarase a Orquestra "Gente que encanta" do Instituto Béradêro chegada do Paraiba-Brasil.

martes, 4 mai 2004
1083671477pontenasondas.jpg
A exposición conmemorativa do 10º aniversario da experiencia de radio interescolar Ponte...nas ondas! recolle a parte máis significativa do que foi o labor desenvolvido polos centros educativos que ao longo destes anos construíron esta ponte de comunicación.

Nela recóllese unha ampla mostra de programas de radio de diversa tipoloxía, participacións de xornalistas, escritores, artistas, declaracións, opinións e reportaxes de medios de comunicación de varios países. Un percorrido polas 10 edicións desta experiencia que pretende mostrar o latido de cada minuto vivido arredor das ondas.

A exposición está estructurada en 15 grandes paneis que ofrecen dunha forma clara e amena as diferentes edicións e os momentos máis significativos, cun amplo desprege fotográfico. As frases e comentarios realizados en cada edición, o que foi a presencia da experiencia no mundo, o recoñecemento europeo da experiencia, a inciativa da Candidatura á UNESCO, etc. 5 tótems verticais con información sobre as radios colaboradoras, os patrocinadores, os centros educativos participantes e a historia dos 10 anos da actividade. 4 ordenadores interactivos con opcións para escoitar e ver unha ampla mostra da programación realizada e diversas intervencións.Un canón de vídeo proxectará unha selección de programas de diversas cadeas de televisión sobre a experiencia.1 monitor de TV reproducirá un DVD que alternará a reproducción dun vídeo e a iniciativa da Candidatura á UNESCO.

A exposición permanecerá aberta entre o 4 e o 17 de maio no Verbum e posteriormente trasladarase a Vilanova da Cerveira .
Descargar todas as imaxes

Máis información