venres, 7 maio 2004
A alcaldesa deu hoxe a saída dende a praza do Rei aos escolares que participan no Correlingua 2004

Corina Porro aposta pola normalización definitiva do uso do galego

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, abogou hoxe pola normalización definitiva da lingua galega. Corina Porro, quen deu hoxe na praza do Rei a saída aos 2.500 escolares vigueses que participan na marcha pola lingua Correlingua 2004, manifestou que "o simbolismo desta carreira en defensa do idioma galego agocha unha clara necesidade: a normalización definitiva do uso da nosa lingua na escola, no mercado, no traballo, na casa...", e lembrou que "antes ca nos protexeron e defenderon o noso idioma as irmandades da fala, a xeración Nós, Risco, Castelao ou Otero Pedraio".

O circuíto de teatro "Vigo a escena" ofrecerá 16 funcións nos barrios vigueses<br />

venres, 7 mai 2004

A primeira parte do circuíto teatral "Vigo a escena", da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, celebrarase os meses de maio e xuño nos barrios da cidade. Este é o sexto ano do programa que constitúe unha rede municipal de teatro con 16 representacións destinadas a darlle oportunidade de exhibir o seu traballo ás compañías locais e facer partícipes do teatro aos cidadáns", explicou o concelleiro Ignacio López Chaves.

O Plan Municipal de Emprego aposta pola formación de desempregados en empresas

venres, 7 mai 2004

A concelleira da Área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares Pérez, asinou esta mañá un convenio coa empresa Alcampo,S.A. para desenvolver un curso de formación ocupacional de "Caixeiro/a de grande superficie", co compromiso final de contratar o 50% dos participantes por un período non inferior a tres meses, sempre e cando rematen satisfactoriamente. O convenio regulará a acción formativa que terá unha duración de 125 horas lectivas, incluídas as prácticas, e que supón un custo de 2.884 €.

A Marcha Mundial das Mulleres organiza un programa de actividades lúdicas

venres, 7 mai 2004

O cine-teatro FragaCaixaGalicia acollerá unha serie de actividades lúdico-festivas nas que se inclúen obras de teatro, proxeccións de cine e concertos levados a cabo por mulleres de recoñecido prestixio. A programación, baixo o título "Maio a toda marcha", enmárcase nas accións que A Marcha Mundial das Mulleres está a desenvolver neste mes con motivo da mobilización que terá lugar o días 22 e 23 de maio en Vigo e que espera congregar a miles de mulleres de toda Europa.

Anuncio <br />

Ciclo de concertos de Xovevigo

venres, 7 mai 2004

A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural vai organizar un ano máis o ciclo de concertos do Xovevigo, incluído no programa das festas do verán, e que ten por obxecto contar nesta programación con grupos musicais da nosa cidade.

Xunta de Goberno Local

venres, 7 mai 2004

O luns, día 10, a partir das nove da mañá celebra sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local e tratará, entre outros asuntos, do proxecto de regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións e do Valedor do Cidadán.