Escoitar

Escolares visitan ó campus a través do transporte urbano

Os concelleiros de Tráfico e Cultura, Antonio Coello e Ignacio López Chaves, respectivamente, participan na visita que realizarán o xoves escolares do colexio Valle Inclán ó campus da Universidade de Vigo. A visita forma parte da campaña de fomento ó transporte público que realiza o Concello e Vitrasa e que este ano ten como lema coñecer o campus e as súas novas instalacións.

mércores, 5 mai 2004
A campaña ven realizándose desde o ano 97 e está destinada a escolares de 2º e 3º de Educación Primaria dos centros de ensino públicos e concertados de Vigo. Este ano participan 54 colexios e 2.944 alumnos e desenvolvese desde o mes de marzo ata finais do mes de maio.

O tema específico da campaña deste ano consiste en que os escolares coñezan o campus da Universidade de Vigo e transmitan ese coñecemento e inquedanzas aos seus maiores. Na visita os nenos reciben explicacións dun guía durante o itinerarios no autobús, por medio de folletos didácticos e a visita directa ó campus de Lagoas-Marcosende.

A campaña deste ano é a oitava convocatoria e as anteriores tiveron como lema "O transporte urbano é de todos.Aprende a usalo (1997), "Unha árbore é unha amiga. Coñece con Vitrasa as árbores de Vigo" (1998), "Facendo camiños por Vigo.Achégate con Vitrasa ós sendeiros da cidade" (1999),"Colle a liña da historia.Vitrasa lévate os monumentos de Vigo"(2000),"Bótalle un ollo a Vigo. Viaxa con Vitrasa ós miradoiros da cidade"(2002) e "Móllate na defensa da auga.Vitrasa amósate a presencia e importancia da auga en Vigo" (2003).