Noites Vivas, unha diversión alternativa para os fins de semana
Deporte, cociña, xogos de mesa, artes marciais, obradoiros e talleres... unha ampla variedade de actividades para as noites dos venres e sábados.
Nas noites do venres e do sábado, o programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha morea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta.
A programación para esta fin de semana é a seguinte:
O venres
- No Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) haberá obradoiros de cociña de nadal, de repuxado en coiro, selfservice de coiro e chapas, acceso a internet e sala de xogos.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) se impartirán danza do ventre e breakdance, e como deportes balón xigante, musculación e squash.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) se xogarán partidas de estratexia e de xogos de mesa coma o Risk ou o Carcassonne.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (rúa Marín,1) cociñaranse quiches variados e tamén se poderá acceder a internet.
- A Asociación Veciñal Doutor Fleming (rúa Zamora, 80) porá en marcha un obradoiro de carteiras de cómics, un torneo de xogos en rede, acceso a internet e unha sala multiusos para quedar cos amigos e ver vídeos, tomar té, xogar ás cartas, etc.
Para o sábado, o programa Noites Vivas reserva os seguintes espazos:
- Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) con dous obradoiros principais, un de café, e outro de maquilalxe de festa. Tamén se poderán realizar obradoiros libres (selfservice) de globoflexia e cestería ou acceder a internet.
- Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) impartirá bailes de salón, defensa persoal para mulleres, un obradoiro de botica, baloncesto mixto, musculación e squash.
As actividades se desenvolven entre as 22:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, poidéndose consultar máis información na Casa daXuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org