O Concello e Caixanova realizarán actividades de interese común nos campos cultural, deportivo e social
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron hoxe no Concello un convenio de colaboración para o desenvolvemento, nos vindeiros tres anos, de diversas actividades de interese común nos campos cultural, educativo, deportivo e social.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron hoxe no Concello un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de varias actividades relacionadas coa cultura, a educación, o deporte e os asuntos sociais da cidade e da súa área de influencia. Corina Porro salientou a "estabilidade" deste acordo, xa que terá unha vixencia de tres anos.
En virtude do convenio asinado, o Concello realizará neste período de tempo co apoio de Caixanova actividades culturais no Museo de Arte Contemporáneo e exposicións na Casa Galega da Cultura e na Casa das Artes, así como no Museo de Castrelos. Financiaranse tamén publicacións da Concellería de Cultura e a entidade contribuirá ao desenvolvemento dos concertos nas Festas do Cristo da Victoria.
Ademais, o Concello levará a cabo programas de restauración do patrimonio histórico, así como un programa de dinamización das bibliotecas escolares. Desenvolveranse tamén programas concertados de Benestar Social, de accesibilidade ás praias, de seguridade vial, así como actividades dirixidas aos mozos e contempladas no programa Noites Vivas. No campo deportivo, a colaboración de Caixanova será fundamental para o desenvolvemento de actividades da Fundación Vigo en Deporte e da Volvo Ocean Race.
Con motivo da sinatura deste convenio, Corina Porro afirmou que "as caixas de aforros tamén se constitúen en axentes de desenvolvemento local". En referencia a Caixanova, a alcaldesa recordou que "sempre que chamamos a esta porta encontrámola aberta". Pola súa banda, Julio Fernández Gayoso asegurou que Caixanova dará o seu apoio "para converter a Vigo e a súa área de influencia nunha zona avanzada no terreo das novas tecnoloxías".
Descargar todas as imaxes