O Pazo de Castrelos acollerá unha exposición sobre a historia dos xoguetes
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou esta mañá a exposición "Recordos de xoguete", que terá lugar no Pazo de Castrelos do 9 de decembro ao 23 de xaneiro. O evento celebrase grazas á cesión dunhas 500 pezas por parte do Museo Castelán-Manchego do xoguete e á colaboración da Fundación Raquel Chaves.
O Pazo de Castrelos acollerá do 9 de decembro ao 23 de xaneiro a exposición "Recordos de xoguete", unha mostra da evolución dos xoguetes desde o século XIX aos nosos días. Con este propósito, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asinou este mañá un convenio coa Fundación Raquel Chaves para a cesión dunhas 500 pezas dos fondos da colección do Museo Castelán-Manchego do xoguete.
Esta selección abrangue un período que vai do século XIX ata a actualidade, co que se pretende dar unha idea da evolución dos distintos tipos de xoguetes. Así, na mostra poderanse contemplar, entre outros, varios xoguetes tradicionais galegos e portugueses, o Bugatti de Payá de 1930, un cabalo triciclo inglés do século XIX, un submarino alemán de principios do XX, as "peponas" españolas de posguerra ou o can de cartón pedra considerado por algúns o antecedente do Cobi.
A mostra complementarase cun educador en sala, que dará visitas guiadas os martes e xoves previa cita. Debido á súa programación de Nadal, o museo abrirá as súas portas durante o período da exposición nos seguintes horarios: de martes a venres e os domingos e festivos, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00; os sábados, de 17:00 a 20:00. Os luns laborables, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro o museo permanecerá pechado.