Escoitar

Un abril encantado nas ludotecas de Vigo

Dende o circo pasando polos libros, aos rapaces e rapazas de Vigo lles<br /> agarda unha divertida primavera.<br />

mércores, 6 abr 2005
Coruxo abre a súa ludoteca ao mundo do mar realizando diferentes
actividades que profundizan nel. Así, mergullaranse na vida
mariñeira recopilando información dos maiores do barrio, fotografías,
relatos das pescantinas e mesmo a historia da Gamela Coruxeira. Adicarán
tempo a coñecer os oficios mariñeiros, a facer redes e útiles de pesca,
cestería, encaixe, á parte de menús e outras curiosidades.

"En abril xogos mil" é o descriptivo lema que encabeza a programación da
ludoteca da Casa da Xuventude, que proporcionará un espazo para que os
participantes desenvolvan grandes xogos de equipo e de mesa, coma o
trivial ou o pasapalabra, e unha gran xincana, de probas de inxenio, sen
deixar de lado un concurso de baile e as actividades habituais de
préstamos de libros e xogos.

En Coia adicarán unha parte do programa ao Quixote, con actividades coma
rastreos, xogos de reflexos ata a elaboración dun conto e un concurso de
pintura. Ademáis contarán coa realización de obradoiros relacionados co
mundo literario, coma a fabricación de capuchóns de bolígrafo,
marcapáxinas e caixas de segredos para gardar as cousas máis íntimas.

No Calvario a ludoteca de integración, céntrase en catro temas
principais este mes, e coma non, o primeiro deles, a auga: por primeira
vez nunha ludoteca fabricarase unha depuradora ademáis de un paraugas e
manualidades con papel de augas. O circo é outro dos puntos de interese
deste mes, con disfraces, paiasadas e malabarismos. Complétase o
programa coa construcción dunha caseta para a "feria de abril" e coa
elaboración dun regalo para o día da nai.

O mundo dos contos invade Lavadores con Hans Christian Andersen e Julio
Verne, que protagonizarán mediante os seus relatos todas as actividades
a realizar, dende narracións, escenificacións e pases de video ata
obradoiros de manualidades e campeonatos de xogos de coñecimento deses
persoaxes e os seus contos.