venres, 8 abril 2005

Vigo participa na conferencia internacional de voluntariado

venres, 8 abr 2005

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo participa cun stand na "Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxía:Volunet" que se celebra ata o día 9 de abril no Palacio de Congresos de Santiago . A Oficina está a difundir a imaxe da nova campaña publicitaria o tempo que distribúe información para voluntarios/as e entidades de voluntariado que queiran inscribirse na OMV e colaborar .

Ofrenda floral ao pobo xitano

venres, 8 abr 2005

A alcaldesa Corina Porro participou no acto conmemorativo do "Día Internacional dos Xitanos" no que se realizou unha ofrenda floral desde a ponte do río Lagares. O acto estivo organizado pola Asociación de Mulleres Xitanas de Vigo "Adiquerando".

Anuncio Normalización Lingüística

Curso de galego de iniciación

venres, 8 abr 2005

O Servizo de Normalización Lingüística abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación de galego de carácter gratuíto, que terá lugar no edificio Asefal.