Escoitar

Vigo participa na conferencia internacional de voluntariado

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo participa cun stand na "Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxía:Volunet" que se celebra ata o día 9 de abril no Palacio de Congresos de Santiago . A Oficina está a difundir a imaxe da nova campaña publicitaria o tempo que distribúe información para voluntarios/as e entidades de voluntariado que queiran inscribirse na OMV e colaborar .

venres, 8 abr 2005
1112963629volunet.jpeg
Stand da OMV
Dende a Dirección Xeral de Voluntariado convidouse a OMV a participar nesta Conferencia Internacional, tendo en conta que nestes intres o Concello de Vigo conta con 370 voluntarios.

A Volunet é un proxecto da Dirección Xeral do Voluntariado, pertencente á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte é Voluntariado da Xunta de Galicia que nace co obxectivo de facilitar en todo o posible ás entidades de acción voluntaria galegas a súa entrada efectiva na Sociedade da Información. VOLUNET pretende ser un instrumento ao servizo destas entidades, dando a coñecer as posibilidades e iniciativas que existen no ciberespacio como son a utilización de Internet para involucrar a persoas voluntarias, a formación de grupos de discusión, a realización de seguimentos das accións solidarias, a captación de socios e a posta en marcha de actividades relacionadas co fomento, promoción e formación en materia de voluntariado.

Paralelamente á organización da Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxías terá lugar a celebración da Cidade Solidaria, espazo no que as entidades galegas de acción voluntaria, universidades galegas e os principais concellos galegos, como é o caso do Concello de Vigo, poderán informar sobre os seus proxectos.

A Volunet inaugurouse o pasado día 7 polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, así como a Conselleira Pilar Rojo, que o paso polo stand da OMV destacaron a grande labor que se está a facer dende o Concello de Vigo no ámbito do voluntariado.

Estimase que ó final da primeira xornada da Volunet un 60% dos participantes pasasen polo stand do Concello de Vigo, segundo o rexistro que se está a levar dende o propio stand da OMV.
Descargar todas as imaxes