Escoitar

Ofrenda floral ao pobo xitano

A alcaldesa Corina Porro participou no acto conmemorativo do "Día Internacional dos Xitanos" no que se realizou unha ofrenda floral desde a ponte do río Lagares. O acto estivo organizado pola Asociación de Mulleres Xitanas de Vigo "Adiquerando".

venres, 8 abr 2005
A alcaldesa, que estivo acompañada pola concelleira Lucía Molares, lembrou a persecución na que viviron as persoas xitanas e avogou por cumprir a Constitución que establece a igualdade e non discriminación para conseguir unha sociedade máis xusta. Corina Porro manifestou a necesidade do esforzo común para evitar a discriminación da comunidade xitana nos ámbitos do emprego , educación e vivenda.

A xornada conmemorativa continuará na tarde do venres con actos como a presentación ás 17 horas , no centro social Rivera Atienza, dunha ponencia co título "Cosas Nuestras" a cargo de Marcos Santiago Cortés e Paula Heredia Cortés; e a actuación do grupo infantil de flamenco do colexio CPI Ribeira.

O día rematará ás 23 horas cunha festa flamenca na que se presentará oficialmente o primeiro disco do grupo musical "Adiquerando" na pub Oh Vigo.