Dorna, Eduardo Chao e a concellería de Muller asinan un convenio para o mantemento dos "puntos informa"
O convenio, que supón un orzamento de 18.390 euros por parte do Concello, inclúe o mantemento dos puntos de información e un obradoiro permanente de "Expresión vital e Formación teatral".
A concelleira de Muller Lucía Molares asinou dous convenios de colaboración entre o Concello e as asociacións de mulleres Dorna e a Federación Veciñal Eduardo Chao para o mantemento dos "puntos informa" ás mulleres. Este convenio entra dentro do marco do II Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres, que desenvolve unha serie de recursos específicos para mulleres maltratadas articulados de xeito coordinado. O obxectivo destes "puntos informa" é o de mellorar o coñecemento das mulleres acerca dos seus dereitos, así como informar e concienciar á poboación en xeral. "Deste modo- comentou Lucía Molares- conseguimos un maior e mellor achegamento dos recursos e a información ás mulleres para detectar a tempo os posibles problemas de violencia".
O convenio tamén comprende a realización dun obradoiro permanente de "Expresión Vital e Formación Teatral", presentado pola Asociación Dorna, no que se da prioridade ás mulleres víctimas de malos tratos. Segundo Aurita González o teatro axuda ás mulleres maltratadas a expulsar esa emotividade e esas sensacións que levan gardadas. O convenio, no que se inclúen as dúas actividades, supón un investimento de 18.390 euros.
Lucía Molares deu algúns datos do funcionamento dos "puntos informa" e a súa evolución nos últimos anos. A asociación Dorna recibiu 238 usuarios en 2004 polos 172 que houbo en 2003. A asociación Eduardo Chao, pola contra, rexistrou un pequeno descenso de consultas, pasando das 67 ás 53 no ano 2004.
Segundo a concelleira a "potenciación deste tipo de convenios é unha maneira de achegar os recursos das administracións á cidadanía". Pola súa parte, Aurita González destacou o bo nivel do "punto informa" de Coia, salientando a atención personalizada que se ofrece ás mulleres. Elena González, da Federación Veciñal, quixo animar á concelleira a investir mais cartos nun problema tan importante e resaltou un fenómeno que se está a producir nos últimos anos: o maltrato das mulleres polos seus fillos.
Descargar todas as imaxes