Un novo sistema informático rematará coas colas na Lonxa do Concello

luns, 12 mai 2008

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns por un valor de máis de 14.500 euros o sistema de xestión de espera que permitirá rematar coas colas na lonxa do Concello. A partires da súa instalación, "nun prazo inmediato", os cidadáns contarán cun punto de atención que expedirá boletos personalizados dependendo do servizo do que precisen. Ademais, o goberno cambiará a cuberta da lonxa para terminar coas pingueiras.

En dúas semanas comezan as obras dos aparcadoiros de Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz

luns, 5 mai 2008

O alcalde, Abel Caballero, avanzou que o 12 de maio empezan as obras en Pintor Colmeiro e o 19 do mesmo mes, en Policarpo Sanz, mentres que o de Areal dará comezo dentro de 12 meses. O Concello xa ten preparado o plan provisional de tráfico para as zonas afectadas. O Goberno Local aprobou este luns os proxectos de construción destes tres primeiros aparcadoiros soterrados.

O Goberno Local licita ás obras de humanización do entorno do Calvario, Teis e Povisa

luns, 21 abr 2008

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sagunto, Cataluña e León, o entorno do mercado de Teis, e das rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora e Salamanca. Unha vez contratadas as obras, os prazos de execución oscilarán entre os 4 e os 6 meses. O Concello adica máis de 3,5 millóns de euros a estas melloras, un investimento que supera os 6,5 millóns de licitacións nas últimas tres semanas.

O Goberno Local licita las obras de humanización del entorno del Calvario, Teis y Povisa

luns, 21 abr 2008

LA Xunta de Gobierno Local aprobó la contratación de las obras de humanización de las calles Sagunto, Cataluña y León, el entorno del mercado de Teis, y de las calles Zaragoza, Barcelona, Zamora y Salamanca. Una vez contratadas las obras, los plazos de ejecución oscilarán entre los 4 y los 6 meses. O Concello dedica más de 3,5 millones de euros la estos avances, una inversión que supera los 6,5 millones de licitaciones en las últimas tres semanas.

O Goberno Local inicia as obras de humanización de Teis, Balaídos e Bouzas

luns, 14 abr 2008

A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sanjurjo Badía, Eugenio Kraft e a Alameda Suárez Llanos. O Concello adica máis de 1,5 millóns de euros ás melloras, e a duración das reformas oscilará entre os tres e os seis meses. Ademais, o alcalde avanzou que se investirá preto de 500.000 euros na elaboración dun Plan de Mobilidade que prevé solventar os problemas de tráfico e aparcamento da cidade.