Xunta de Goberno Local
O Goberno Local inicia a contratación do servizo de salvamento e socorrismo nos areais de Vigo
venres, 23 mai 2008O obxectivo do goberno, segundo informou o alcalde de Vigo, é "obter ao menos as mesmas bandeiras azuis que o pasado ano", para o que a Xunta do Goberno Local procedeu este venres ao inicio da contratación polo procedemento de urxencia. Ademais, o executivo deu o visto bó á contratación da asistencia técnica para a elaboración de estudos de mobilidade á Universidade e ao Parque Tecnolóxico.
Un novo sistema informático rematará coas colas na Lonxa do Concello
luns, 12 mai 2008A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns por un valor de máis de 14.500 euros o sistema de xestión de espera que permitirá rematar coas colas na lonxa do Concello. A partires da súa instalación, "nun prazo inmediato", os cidadáns contarán cun punto de atención que expedirá boletos personalizados dependendo do servizo do que precisen. Ademais, o goberno cambiará a cuberta da lonxa para terminar coas pingueiras.
Un novo protocolo evitará a reapertura das rúas xa reformadas
luns, 12 mai 2008O alcalde, Abel Caballero, anunciou a instauración dun protocolo de actuación nas obras de urbanización da cidade que obrigará á coordinación previa de todos os departamentos implicados no traballo. O obxectivo final do goberno é evitar que se abran rúas que xa foron reformadas por falta de planificación.
En dúas semanas comezan as obras dos aparcadoiros de Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz
luns, 5 mai 2008O alcalde, Abel Caballero, avanzou que o 12 de maio empezan as obras en Pintor Colmeiro e o 19 do mesmo mes, en Policarpo Sanz, mentres que o de Areal dará comezo dentro de 12 meses. O Concello xa ten preparado o plan provisional de tráfico para as zonas afectadas. O Goberno Local aprobou este luns os proxectos de construción destes tres primeiros aparcadoiros soterrados.
O Goberno Local licita ás obras de humanización do entorno do Calvario, Teis e Povisa
luns, 21 abr 2008A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sagunto, Cataluña e León, o entorno do mercado de Teis, e das rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora e Salamanca. Unha vez contratadas as obras, os prazos de execución oscilarán entre os 4 e os 6 meses. O Concello adica máis de 3,5 millóns de euros a estas melloras, un investimento que supera os 6,5 millóns de licitacións nas últimas tres semanas.
O Goberno Local licita las obras de humanización del entorno del Calvario, Teis y Povisa
luns, 21 abr 2008LA Xunta de Gobierno Local aprobó la contratación de las obras de humanización de las calles Sagunto, Cataluña y León, el entorno del mercado de Teis, y de las calles Zaragoza, Barcelona, Zamora y Salamanca. Una vez contratadas las obras, los plazos de ejecución oscilarán entre los 4 y los 6 meses. O Concello dedica más de 3,5 millones de euros la estos avances, una inversión que supera los 6,5 millones de licitaciones en las últimas tres semanas.