Xunta de Goberno Local
O Goberno Local inicia as obras de humanización de Teis, Balaídos e Bouzas
luns, 14 abr 2008A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sanjurjo Badía, Eugenio Kraft e a Alameda Suárez Llanos. O Concello adica máis de 1,5 millóns de euros ás melloras, e a duración das reformas oscilará entre os tres e os seis meses. Ademais, o alcalde avanzou que se investirá preto de 500.000 euros na elaboración dun Plan de Mobilidade que prevé solventar os problemas de tráfico e aparcamento da cidade.
O Goberno local busca unha contratación única para o mantemento das insfraestruturas viarias
martes, 8 abr 2008O Goberno local quere contratar "dunha vez" as obras de acondicionamento, mantemento e conservación das infraestruturas viarias do Concello. Segundo informou este martes o alcalde, Abel Caballero, a Xunta de Goberno aprobou o luns un expediente que, co obxectivo de "aforrar tempo", contempla a elección dunha soa oferta para a realización de todos estes traballos durante este ano e o que vén, por un importe total de 2.750.000 euros.
O Goberno local limita o paso de vehículos polo ‘cortalumes’ do monte da Guía
martes, 1 abr 2008O Goberno local decidiu na súa xuntanza do luns limitar o paso de vehículos polo camiño coñecido como ‘cortalumes’ do monte da Guía, para que a Dirección Xeral de Costas poida proceder á rehabilitación desta área do termo municipal. Deste xeito, segundo avanzou este martes o alcade, Abel Caballero, "en ano e medio" a zona poderá contar cun paseo marítimo que recuperará para os vigueses "un dos terreos máis fermosos da cidade".
O Concello mellorará o abastecemento en Candeán e Cabral con obras por valor de 439.000 euros
luns, 17 mar 2008A Xunta de Goberno Local deu luz verde este luns a esta actuación. Ademáis se deu conta do novo padrón municipal de vehículos de 2008, a colaboración económica coa Sociedade Protectora de Animais ascende aos 96.000 euros e se estableceu un convenio coa empresa Tragsa para executar obras urxentes sen precisar de concurso público previo.
A Xunta de Goberno toma coñecemento do Mapa de Ruídos de Vigo
luns, 10 mar 2008A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento este luns do Mapa de Ruídos de Vigo, un documento que recolle información sobre contaminación acústica nas distintas zonas da cidade e que pretende servir de base para planificar medidas que teñan por obxecto controlar este problema. A elaboración dun mapa estratéxico de ruídos é unha obriga para todas as aglomeracións da Unión Europea con máis de 250.000 habitantes, segundo a normativa comunitaria vixente.