O Goberno local limita o paso de vehículos polo ‘cortalumes’ do monte da Guía
O Goberno local decidiu na súa xuntanza do luns limitar o paso de vehículos polo camiño coñecido como ‘cortalumes’ do monte da Guía, para que a Dirección Xeral de Costas poida proceder á rehabilitación desta área do termo municipal. Deste xeito, segundo avanzou este martes o alcade, Abel Caballero, "en ano e medio" a zona poderá contar cun paseo marítimo que recuperará para os vigueses "un dos terreos máis fermosos da cidade".
Caballero cualificou de "lamentable" a situación actual do monte da Guía e lembrou que "leva máis de 15 anos" nese estado, debido ao paso de vehículos pesados polo mencionado ‘cortalumes’ para dar servizo ao porto deportivo da Punta da Lagoa e á empresa REGENASA. En virtude da decisión adoptada polo Goberno local, o vial só estará aberto ao tráfico "unha noite á semana e controlado desde o Concello".
O obxectivo desta medida é rehabilitar o monte da Guía, construíndo no seu borde litoral un paseo marítimo e reforestando toda a súa ladeira con especies autóctonas. As obras do paseo correrán a cargo da Dirección Xeral de Costas. O proxecto, que xa está feito, contempla un orzamento de 1,5 millóns de euros para unha infraestrutura de 712 metros de lonxitude desde a franxa norte do monte, onde se inclúe un aparcadoiro para os usuarios, ata o porto da Lagoa. Os materiais propostos son lousas de cuarcita, formigón corado para un pequeno vial e granito para a zona do faro. O paseo contará, ademais, cunha "iluminación coidada", segundo adiantou o alcalde.
O prazo de execución destes traballos é de dez meses, polo que, a falta de que sexan adxudicadas, o alcalde calculou que "en ano e medio poderemos ter este paseo construído".
Supresión de barreiras arquitectónicas
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou este luns o proxecto de supresión de barreiras arquitectónicas urbanísticas na cidade de Vigo, abrindo ao mesmo tempo o concurso para a selección do seu contratista. Este proxecto contempla a adaptación dos pasos de peóns á Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. A actuación constistirá na realización de rampas con non máis dun 10% de pendente para salvar o desnivel entre a beirarrúa e a zona de circulación dos vehículos.
O proxecto pretende actuar no contorno comprendido entre as rúas Ronda de Don Bosco, Taboada Leal, Ecuador, Vázquez Varela, Couto de S. Honorato, Reiseñor, Alcalde Gregorio Espino, avenida de Madrid, Conde de Gondomar, Gran Vía, Hispanidade, San Amaro, Castro Salcidos e Marqués de Alcedo. O proxecto considera suficientes catro meses para a realización das obras que inclúe. O orzamento é de 150.000 euros.
Ademais, o Goberno municipal decidiu conceder unha subvención de 216.000 euros á Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e Comarca (FOANPA), suxeita ao cumprimento por parte desta entidade duns determinados obxectivos de utilidade pública e interese social, como son a xestión de comedores, actividades extraescolares, formación de ANPAS e gastos de xestión da Federación.
Por outra parte, a Xunta de Goberno decidiu que sexa a empresa Ingebaires SL a encargada de redactar o Proxecto de Mellora Ambiental do Río Lagares, por un importe de 60.000 euros. Este proxecto afecta ao tramo do río entre a avenida de Madrid e a Estrada do Aeroporto e contempla a recuperación de marxes, a eliminación de verquidos e a adecuación para o uso público da área fluvial. O prazo de execución é de cinco meses.
Descargar todas as imaxes