Escoitar

Educación subvenciona os comedores dos centros de ensino público

A Xunta de Goberno ven de aprobar o gasto que da lugar ao convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, que supón un custe de 215.569,44 euros. Esta subvención está destinada, entre outros aspectos, á realización de actividades extraescolares e comedores das ANPA de ensino infantil e primario público.

luns, 31 mar 2008
1206962524adoblada2comedores.jpg
Esta federación xestiona desde hai cinco cursos, en colaboración coa dirección dos centros de ensino correspondentes, os 41 comedores escolares existentes en Vigo, a maior dos nove que se sosteñen con fondos da Xunta de Galicia.

Nos comedores organizados polas FOANPA sérvense preto de 1.527 comidas diarias, contan con 130 coidadoras. A empresa que neste curso presta o servicio de comedor nos centros é SERUNION. Os locais dos comedores foron habilitados polo Concello de Vigo. O servicio de comedor compleméntase coa realización de actividades extraescolares en horario de mañá cede e de tarde.
Descargar todas as imaxes