martes, 1 abr 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe as novas instalacións da asociación comercial Zona Centro, á que recentemente ven de incorporarse a asociación do Mercado do Progreso. As novas oficinas, ubicadas nun lateral do mercado do Progreso, ofrecen unha imaxe renovada, e amosan o traballo que se está a desenvolver dende a Concellería de Comercio por "revitalizar o tecido comercial da cidade".
martes, 1 abr 2008
O Museo Municipal "Quiñones de León" volve a editar a revista "Castrelos" na que se divulga as áreas de traballo do museo nos aspectos de arqueoloxía, arte, historia da cidade e museoloxía. A revista, primeiro número dunha segunda etapa, presentouna hoxe martes a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure e o director do museo, José Ballesta.
martes, 1 abr 2008
O Auditorio Municipal acollerá os días 2,3 e 4 de abril, o espectáculo didáctico-musical "Nuestras Músicas", especialmente creado para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato polo Grupo de Zaragoza "New Titanic Arkestra". O espectáculo forma parte da colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e a Obra Social e Cultural de Ibercaja.
martes, 1 abr 2008
1.800 visitantes nun só mes avalan o éxito da exposición "Artífex. Enxeñería romana en España" no museo de Castrelos. Pola reiterada demanda o museo abrirá para visita libre a exposición tamén en horario de mañá, 10.00 a 13.30 horas, a partir do mércores 2 de abril.